Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 12 de xuño de 2002 Páx. 8.879

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 15 de maio de 2002, da Área Provincial de Lugo, de notificación de requirimento de pagamento ó debedor que se relaciona (expediente LU-83/050, conta 14).

En cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido nos artigos 1124, 1504, 1501 e 1091 do Código Civil, notifícaselle ó interesado, cos datos e domicilio que a continuación se relacionan, o requirimento de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden á cantidade que se sinala, facéndoselle constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten non pagados e que lle serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas derivadas do contrato subscrito por vostede coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, do 25 de novembro e no artigo 142 do Regulamento de VPO, aprobado por Decreto 2114/1968, do 24 de xullo (BOE do 7 de setembro), concédeselle un prazo de dez días hábiles para que se poña ó día nas súas obrigas, ou compareza na delegación provincial en trámite de audiencia, co fin de presenta-los documentos ou xustificacións que considere convenientes ó seu dereito.

En caso contrario, procederase á resolución do seu contrato e iniciación do oportuno expediente de

desafiuzamento, co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario.

Lugo, 15 de maio de 2002.

Eugenio Basanta Curbera

Xefe de Área Provincial de Lugo

ANEXO

Herdeiros de José Luis González Varela.

Expediente: LU-83/050.

Conta nº 14.

Dirección: rúa Lamas de Prado, 191-3º D. 27004 Lugo.

Importe da débeda: 3.641,95 euros.