Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 12 de xuño de 2002 Páx. 8.878

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2002 pola que se fai pública a relación da adxudicación de diversos contratos administrativos realizados durante o exercicio 2001.

O Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC) procede a dar publicidade ós contratos realizados pola citada entidade durante o exercicio 2001 de acordo co artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

1. Título: adquisición de Legato Networker en 7 cluster para o CIXTEC, para as delegacións territoriais e para as distintas dependencias da Consellería de Economía e Facenda.

Sistema de adxudicación: concurso, mediante procedemento aberto.

Data resolución de adxudicación: 27-4-2001.

Adxudicatario: Internacional Periféricos y Memorias, S.A.

Importe de adxudicación: 11.100.000 pesetas (equivalente a 66.712,34 euros).

2. Título: contratación da subministración dun soporte Premier Microsoft con destino ó CIXTEC.

Sistema de adxudicación: procedemento negociado sen publicidade.

Data resolución de adxudicación: 17-4-2001.

Adxudicatario: Microsoft Ibérica, S.R.L.

Importe de adxudicación: 11.500.000 pesetas (equivalente a 69.116,39 euros).

3. Título: adquisición de ordenadores persoais con destino ó CIXTEC e ás distintas dependencias da Consellería de Economía e Facenda.

Sistema de adxudicación: concurso, mediante procedemento aberto e tramitación urxente.

Data resolución de adxudicación: 4-5-2001.

Adxudicatario: Coremain, S.L.

Importe de adxudicación: 14.000.000 de pesetas (equivalente a 84.141,69 euros).

4. Título: adquisición de Licencias Lion Development con destino ó CIXTEC.

Sistema de adxudicación: procedemento negociado sen publicidade.

Data resolución de adxudicación: 15-11-2001.

Adxudicatario: Asysco Products, bv.

Importe de adxudicación: 32.075.889 pesetas (equivalente a 192.779,98 euros).

5. Título: adquisición de dezaoito impresoras láser con destino ó CIXTEC, ós servicios centrais e ás delegacións territoriais da Consellería de Economía e Facenda.

Sistema de adxudicación: concurso, mediante procedemento aberto e tramitación urxente.

Data resolución de adxudicación: 20-12-2001.

Adxudicatario: Fornecementos Galegos, S.L.

Importe de adxudicación: 22.301.260 pesetas (equivalente a 134.033,27 euros).

6. Título: adquisición de ordenadores persoais con destino ó CIXTEC.

Sistema de adxudicación: concurso, mediante procedemento aberto e tramitación urxente.

Data resolución de adxudicación: 26-12-2001.

Adxudicatario: Archy & Siga Informática, S.L.

Importe de adxudicación: 11.999.910 pesetas (equivalente a 72.120,91 euros).

7. Título: adquisición dun sistema de impresión láser cor con destino ó departamento de explotación, unidade de reprografía, do CIXTEC.

Sistema de adxudicación: concurso, mediante procedemento aberto e tramitación urxente.

Data resolución de adxudicación: 20-12-2001.

Adxudicatario: VSM Sistemas Coruña, S.A.

Importe de adxudicación: 19.952.000 pesetas (equivalente a 119.913.94 euros).

8. Título: asistencia técnica para o desenvolvemento e implantación da 2ª fase do novo sistema de información contable denominado Xumco 2.

Sistema de adxudicación: concurso, mediante procedemento aberto e tramitación anticipada de gasto.

Data resolución de adxudicación: 1-3-2001.

Adxudicatario: Drintel, S.L.

Importe de adxudicación: 279.977.600 pesetas (equivalente a 1.682.699,27 euros).

9. Título: asistencia técnica para a adaptación dos sistemas de información residentes no CIXTEC ó euro.

Sistema de adxudicación: concurso, mediante procedemento aberto, trámite urxente e tramitación anticipada de gasto.

Data resolución de adxudicación: 25-4-2001.

Adxudicatario: Efedoseme, S.L.

Importe de adxudicación: 74.994.000 pesetas (equivalente a 450.723,02 euros).

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2002.

Gonzalo Gómez Montaña

Director xeral do Centro Informático para a Xestión

Tributaria, Económico-Financeira e Contable