Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 12 de xuño de 2002 Páx. 8.877

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 27 de marzo de 2002, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo á iniciación do procedemento de clasificación como veciñal en man común do monte denominado As Madornas, integrado por cinco parcelas, a favor dos veciños da Abeleda, parroquia do Castro de Beiro, no concello de Ourense.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou, en

sesión realizada en data do 26 de setembro de 2001, inicia-lo expediente de clasificación como veciñal en man común a favor dos veciños da Abeleda, parroquia do Castro de Beiro, do monte denominado As Madornas, integrado por 5 parcelas, no concello de Ourense e coas características que a seguir se relacionan, nomeándose instructores do expediente a Miguel Ángel González Trigás e Miriam Areal López.

Publícase de acordo co establecido no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, (DOG nº 186, do 23 de setembro), polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Concello: Ourense.

Denominación do monte: As Madornas, integrado por 5 parcelas.

Comunidade propietaria: veciños do lugar da Abeleda (parroquia do Castro de Beiro).

Superficie: 22.233 m, aproximadamente, en conxunto.

Parcela nº 1:

Superficie: 3.342 m, aproximadamente.

Lindeiros:

Norte. Eladio Álvarez González e Bartolomé Piñeiro Álvarez.

Sur: camiño das Madornas.

Leste: camiño da Batoca.

Oeste: María González Casares.

Parcela nº 2:

Superficie: 780 m, aproximadamente.

Lindeiros:

Norte: Valentín Gutiérrez Mosquera e María González González.

Sur: camiño da Devesa.

Leste: camiño da Batoca.

Oeste: camiño da Devesa.

Parcela nº 3:

Superficie: 17.376 m, aproximadamente.

Lindeiros:

Norte: camiño das Madornas.

Sur: estrada da Abeleda ás Figueiras.

Leste: camiño das Madornas.

Oeste: camiño de Liñares á Villarino.

Parcela nº 4.

Superficie 1.381 m, aproximadamente.

Lindeiros:

Norte: estrada da Abeleda ás Figueiras.

Sur: Antonio Novoa Gómez, Francisca Araújo, María Venancia, Amadeo Álvarez Álvarez, Antonio Novoa Gómez, Isaura Álvarez, Benigno Álvarez e José Álvarez Álvarez.

Leste: camiño de servidume ás leiras.

Oeste: Antonio Novoa Gómez.

Parcela nº 5:

Superficie 134 m, aproximadamente.

Lindeiros:

Norte: estrada da Abeleda ás Figueiras.

Sur: María Iglesias Sarmiento.

Leste: Basilisa Iglesias Quintas.

Oeste: camiño de servidume ás leiras.

Iníciase a apertura do período dun mes para a práctica de alegacións a partir do día seguinte da publicación do edicto no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 27 de marzo de 2002.

Miriam Areal López

Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

Vº e prace

Agustín Prado Verdeal

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA,

ECONÓMICO-FINANCEIRA

E CONTABLE