Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 12 de xuño de 2002 Páx. 8.875

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2002, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se emprezan os interesados no recurso contencioso-administrativo, procedemento abreviado 124/2002, interposto por José Luis Pernas Permuy.

Recibida providencia do Xulgado Contencioso-Administrativo número un de Santiago de Compostela, pola que se reclama o expediente relativo ó recurso contencioso-administrativo, procedemento abreviado 124/2002, interposto por José Luis Pernas Permuy, contra a resolución do 19 de decembro de 2001 da Dirección Xeral de Xustiza da Xunta de Galicia, pola que se convoca concurso de traslado para prazas vacantes entre oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza, concretamente por non recoñecer os servicios prestados con anterioridade ó ingreso no corpo ó que se pertence.

Esta dirección xeral acordou remiti-lo expediente administrativo ó xulgado e pola presente resolución notificar, para un xeral coñecemento, a tódalas persoas interesadas no procedemento, emprazándoas para que poidan comparecer como parte ante o Xulgado Contencioso-Administrativo número un de Santiago de Compostela no prazo de nove días, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2002.

Juan José Martín Álvarez

Director xeral de Xustiza