Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 12 de xuño de 2002 Páx. 8.875

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a iniciación do dereito de audiencia no expediente sancionador na orde social 186/2002.

Non sendo atopados no enderezo coñecido por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de dez días, a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, durante o que poderán exerce-lo dereito de audiencia do expediente, previo á resolución nesta Delegación Provincial da Coruña, todo isto segundo o establecido no artigo 18.2º do Real decreto 928/1998, do 14 de maio.

Expediente nº: 186/2002.

Acta inf. nº: 1713/2001.

Empresa: Fondesvalle, S.L. (II).

NIF/DNI: B-15652795.

Enderezo: r/ A Pezón, 1-C, Oleiros.

Materia: seguridade e hixiene.

Proposta de sanción: 601,01 euros.

Resumo da acta de infracción:

Visitada a obra de construcción sita en Pgono., Espírito Santo, parc. 18 (Cambre), comprobouse que o traballador que realiza traballos a uns 3 metros de altura carece de proteccións tanto colectivas como individuais, ademais non empregaba calzado de seguridade.

Vulnéranse os artigos 3 a), b) da parte C do anexo IV do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, artigo 187 da Orde ministerial do 28-8-1970, artigos 14 e 17 da Lei 31/1995, do 8 de novembro; e artigo 3 e dos anexos I, III e IV -artigos 6, 2 e 6 respectivamente- do Real decreto 773/1997, do 30 de maio; e artigos 14 e 17 da Lei 31/1995.

Aprécianse dúas faltas, unha leve en grao medio outra leve en grao mínimo, tipificadas e sancionables de conformidade cos artigos 11.4º e 39 e 40, respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Documentos que constan no expediente:

-Acta de infracción.

-Xustificantes das notificacións.

A Coruña, 27 de maio de 2002.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña