Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 12 de xuño de 2002 Páx. 8.875

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 27 de marzo de 2002, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo á iniciación do procedemento de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Comunal de Casar do Mato, a favor dos veciños de Casar do Mato, Os Beleiros, A Golpilleira, O Palleiro (parroquia de Arrabaldo-Santa Cruz), no concello de Ourense.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou, en sesión realizada en data do 26 de setembro de 2001, inicia-lo expediente de clasificación como veciñal en man común a favor dos veciños de Casar do Mato,

Os Beleiros, A Golpilleira, O Palleiro (da parroquia de Arrabaldo-Santa Cruz) do monte denominado Comunal de Casar do Mato, no concello de Ourense e coas características que a seguir se relacionan, nomeándose instructores do expediente a Miguel Ángel González Trigás e Miriam Areal López.

Publícase de acordo co establecido no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, (DOG nº 186, do 23 de setembro), polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Concello: Ourense.

Denominación do monte: Comunal de Casar do Mato.

Comunidade propietaria: veciños dos lugares de Casar do Mato, Os Beleiros, A Golpilleira, O Palleiro (da parroquia de Arrabaldo-Santa Cruz).

Superficie: 4 ha ,02 a aproximadamente.

Estremas:

Norte: propiedades particulares: Bernardino Vázquez, Benito Conde, Laureano Pérez, José Doval, Carmen Quiroga, Bernardino Vázquez.

Sur: propiedades particulares: Laureano Pérez, Antonio García.

Leste: canle de rego O Rego.

Oeste: concello de Punxín.

Iníciase a apertura do período dun mes para a práctica de alegacións a partir do día seguinte ó da publicación do edicto no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 27 de marzo de 2002.

Miriam Areal López

Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense