Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 12 de xuño de 2002 Páx. 8.859

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto do parque eólico Rioboo, nos concellos de Xove, Viveiro e O Valadouro (Lugo), promovido pola empresa Eurovento, S.L.

En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, faise pública a Resolución do 15 de marzo de 2002, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de parque eólico Rioboo, nos concellos de

Xove, Viveiro e O Valadouro (Lugo), promovido pola empresa Eurovento, S.L., que se transcribe como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

Declaración de impacto ambiental

Examinada a documentación que constitúe o expediente, entre a que se atopa a presentada pola empresa promotora:

-Parque eólico Rioboo. Proyecto. Marzo 2001.

-Parque Eólico Rioboo. Estudio de impacto ambiental. Marzo 2001.

-Información complementaria sobre la instalación de parques eólicos en la Sierra de Buio. Promovidos por Eurovento, S.L. Estudio valorativo de posibles impactos ambientales acumulativos o sinérgicos. Diciembre 2001.

A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolve establecer pola presente DIA, sen prexuízo do disposto no artigo 6.4º do Real decreto 1997/1995, do 7 de decembro, polo que se establecen medidas para contribuír a garanti-la biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres, as seguintes condicións, ademais das incluídas no estudio ambiental e restante documentación avaliada, de xeito que se asegure a minoración dos posibles impactos ambientais negativos, co fin de que a realización do proxecto poida considerarse ambientalmente viable.

No caso de que exista contradicción entre o indicado na documentación presentada polo promotor e o establecido na presente declaración, prevalecerá o disposto nesta última.

1. Ámbito da declaración.

A presente declaración refírese en exclusiva ó proxecto denominado Parque Eólico Rioboo, que consiste na instalación e explotación dun parque eólico de 20,8 MW de potencia total nos concellos de Xove, Viveiro e O Valadouro (Lugo), constituído por 16 aeroxeradores, modelo Bazán-Bonus de 1.300 kW de potencia unitaria, que se localizarán na serra do Xistral, dentro do polígono definido polas seguintes coordenadas UTM:

Vértice XVértice Y

623.0004.831.000

620.0004.831.000

620.0004.828.800

619.5004.828.800

619.5004.827.100

622.0004.827.100

622.0004.828.800

623.0004.828.800

Atendendo ó exposto no punto 6.3 desta DIA, os aeroxeradores 8, 9 e 10, así comas súas infraestructuras asociadas (viais, plataformas de montaxe e gabias de conducción do cableado) deberán ser relocalizados fóra do espacio natural serra do Xistral.

Tendo en conta o anterior, a localización e coordenadas UTM destes aeroxeradores, así como as súas infraestructuras asociadas establecerase, se é o caso, unha vez sexa recibida, avaliada e informada favorablemente a documentación requirida no punto 11.1 da DIA.

Atendendo ó exposto no punto 6.2 desta DIA, dado que a localización prevista dos aeroxeradores e das súas infraestructuras asociadas podería variar á vista dos resultados do estudio requirido no punto 11.2 da DIA, a localización e coordenadas destes aeroxeradores, así como o seu acceso e o trazado da gabia do cableado, estableceranse, se é o caso, unha vez sexa recibida, avaliada e informada favorablemente a documentación requirida no citado punto 11.2 da DIA.

A localización dos aeroxeradores e infraestructura asociada ó parque eólico será a que se recolle no plano Distribución general. Parque eólico de Rioboo. Código: GAL RIO OG-01 V-01. Plano nº 4 do estudio de impacto ambiental, agás para o indicado nos parágrafos anteriores.

As coordenadas UTM dos 13 aeroxeradores restantes son, con carácter provisional tendo en conta o antedito, as seguintes:

AeroxeradorUTM XUTM Y

1621.833,2054.830.582,42

2621.942,4174.830.463,91

3622.024,7884.830.348,73

4622.113,9464.830.246,17

5622.236,6314.830.168,70

6622.358,7294.830.081,12

7622.467,3444.830.001,05

11619.538,0434.827.859,87

12619.649,0144.827.758,33

13619.759,6814.827.657,08

14619.870,3474.827.555,82

15619.968,3994.827.442,35

16620.066,4794.827.328,86

2. Protección da atmosfera.

2.1. Sobre a emisión de po.

Durante a fase de obras procederase, nos períodos de seca, á humectación continua dos viais e das zonas onde se estean a realizar movementos de terras, co fin de evita-lo levantamento excesivo de po, tal como se indica no estudio ambiental. Así mesmo, os camións de transporte de terras ou materiais que poidan xerar po, deberán ir cubertos con lonas ou similar.

2.2. Sobre a contaminación acústica.

Os niveis de presión sonora no parque e nas vivendas máis próximas non poderán supera-los valores límite

de recepción para ruído ambiente exterior establecidos no artigo 8 do anexo da Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica, así como, se é o caso, o establecido nas ordenanzas municipais ó respecto.

Para tal fin, levarase a cabo o seguimento do nivel de ruído durante as fases de construcción e funcionamento do parque proposto polo promotor. Terase en conta que as medicións deberán ser realizadas por empresa homologada, polo que se deberá realizar unha nova medición preoperacional por entidade homologada, de acordo co requirido no punto 11.4 da presente DIA.

3. Protección das augas e leitos fluviais.

Calquera actuación ou afección nas zonas de servidume e policía dos cursos de auga precisará da autorización de Augas de Galicia, segundo se establece no Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de augas, axustándose ás directrices do Plan Hidrolóxico de Galicia-Costa.

As drenaxes transversais dos viais realizaranse de xeito que non se modifique o actual réxime hídrico da zona. Para tal fin deberase presentar un estudio da localización de tódolos dispositivos de drenaxe necesarios, tanto transversais como lonxitudinais. No estudio incluirase un plan do control de seu funcionamento, de acordo co requirido no punto 11.5 da presente DIA.

A achega das augas das drenaxes transversais e lonxitudinais á rede hidrográfica farase gradualmente, instalando sistemas protectores e/ou de disipación de enerxía á súa saída, co fin de evitar erosións, deposición de sólidos ou asolagamentos na traxectoria de incorporación das augas ós cursos naturais.

Extremaranse as precaucións na execución das obras nas zonas de afección potencial á rede hidrolóxica, tanto directas como indirectas, segundo o estudio ambiental, debendo contar durante a súa realización coa supervisión directa do equipo de seguimento ambiental do proxecto.

A medida que avanza a obra procederase á estabilización e revexetación dos noiros de desmonte e terraplén resultantes da execución dos viais, así como das plataformas de montaxe, foxos e zona da subestación, co obxecto de previr fenómenos erosivos e incorporación de sólidos ás augas. Nas zonas de maior pendente empregaranse mallas antiescorrega e calquera outra medida necesaria para evita-lo arrastre de materiais ladeira abaixo.

Non se acumularán terras, entullos, material de obra nin calquera outro tipo de materiais ou substancias nas zonas de servidume dos cursos fluviais ou áreas hidromorfas, nin interferindo na rede natural de drenaxe, para evita-la súa incorporación ás augas no caso de chuvias ou escorrega superficial. Non está permitido a lavada de maquinaria e materiais nos cursos de auga.

Non estando previsto no estudio ambiental presentado a reserva dunha zona para a fabricación de formigón, este necesariamente será provisto desde planta

ou plantas localizadas fóra da obra, e que conten coas debidas autorizacións.

Co fin de controlar que a calidade das augas non resulta afectada, tanto na fase de obras coma na de funcionamento, levarase a cabo o plan de control da calidade das augas proposto no estudio ambiental.

4. Protección do solo.

Realizarase un control topográfico preciso dos límites das zonas de obra e da localización de tódalas infraestructuras e instalacións proxectadas, que se axustará ó establecido nesta declaración, estando prohibido ocupar terreos fóra dos previstos.

Procederase á delimitación das distintas zonas de obra, mediante o seu balizado, que deberá manterse en perfecto estado durante o transcurso das obras, sendo retirado cando estas finalicen.

Para calquera modificación que fose necesario introducir no proxecto, independentemente da súa causa, haberá que aterse ó indicado no punto 13.4 da presente declaración.

As infraestructuras asociadas á construcción do parque eólico executaranse de acordo coas especificacións técnicas e dimensións sinaladas no proxecto, non permitíndose o seu sobredimensionamento.

A circulación de vehículos e maquinaria de obra restrinxirase ós viais e zonas acondicionadas para o efecto.

Na realización das voaduras disporanse os medios materiais necesarios (redes, mallas, lonas...) que impidan a proxección de fragmentos de rocha ó contorno. En calquera caso, se istos se producisen, deberán ser retirados da zona e depositados en localización autorizada.

Nos movementos de terras equilibrarase ó máximo o volume de desmonte co de terraplén, tendo en conta que se, trala finalización das obras existise material sobrante das escavacións, será retirado e depositado en localización autorizada por órgano competente. Así mesmo, no caso de precisar materiais de préstamo, deberá acreditarse previamente a súa procedencia, indicando a localización, extensión, volume e condicións de restauración do préstamo que se vai efectuar.

Para a localización das instalacións de obra seleccionarase un lugar de baixo valor ambiental, escasa pendente e afastado de calquera curso de auga, zona hidromorfa ou área de protección arqueolóxica, reflectindo a localización prevista no plano requirido no punto 11.3 desta DIA.

No caso de deterioración de camiños ou calquera outra infraestructura ou instalación preexistente debido ós labores de construcción do parque, deberá restituírse a súa calidade ós niveis previos ó inicio das obras.

A realización do proxecto deberá respecta-la Lei 4/1994, de estradas de Galicia, no que se refire ó uso e defensa destas. As obras, edificacións, cerramentos e accesos que afecten ós terreos comprendidos

na área de influencia das estradas requirirán, en todo caso, expresa autorización do órgano competente da Administración titular da estrada.

5. Xestión de residuos.

Tódolos residuos que se xeren como consecuencia da instalación, explotación e desmantelamento do parque eólico deberán ser xestionados en función da súa natureza e conforme a lexislación vixente, primando a reciclaxe ou reutilización fronte ó vertido.

Os residuos almacenaranse en contedores ata a súa entrega a xestor autorizado, atendendo ós criterios de almacenamento establecidos na lexislación vixente e sinalizando claramente a súa presencia.

Os labores de limpeza, mantemento e reparación da maquinaria durante a fase de construcción realizaranse en talleres autorizados, eliminando así o risco de derrames accidentais de substancias contaminantes. Cando isto non sexa posible polas características da maquinaria (mobilidade restrinxida), estas tarefas realizaranse na zona destinada a instalacións de obra, protexendo o solo con materiais impermeables e dispoñendo os medios necesarios para a recollida de posibles vertidos.

Ó finaliza-las obras, e antes do inicio da fase de explotación, deberán terse retirado e xestionado a totalidade dos residuos de obra.

En tanto non se produzan as sucesivas entregas ó xestor autorizado, durante a fase de construcción os contedores localizaranse na zona de instalacións de obra, e durante a fase de explotación disporanse no edificio de control do parque eólico de Buio.

6. Protección da fauna, vexetación e hábitats naturais.

6.1. Sobre a fauna.

Respecto á avifauna, realizaranse comprobacións periódicas que permitan determina-la existencia ou non de afeccións sobre os seus efectivos poboacionais e detectar posibles cambios no comportamento e usos do hábitat producidos pola instalación e/ou presencia dos aeroxeradores, tanto deste parque como os do seu contorno.

Para tal fin, levarase a cabo o plan de seguimento de avifauna proposto no estudio ambiental, así como unha valoración conxunta dos resultados dos plans de seguimento de avifauna dos parques considerados no documento Información complementaria sobre la instalación de parques eólicos en la Sierra de Buio. Promovidos por Eurovento, S.L. Estudio valorativo de posibles impactos ambientales acumulativos o sinérgicos. Diciembre 2001. Neste senso, o plan de seguimento de aves presentado debe ser completado no seu contido, de acordo co requirido no punto 11.6 desta DIA.

6.2. Sobre a vexetación.

A eliminación da vexetación nas diferentes zonas afectadas polas obras reducirase ó estrictamente necesario, efectuándose mediante sistemas de roza.

Previamente á corta de arboredo realizarase a correspondente comunicación de corta ou solicitude de autorización, segundo o caso, conforme o disposto no Regulamento de montes.

Calquera aproveitamento, utilización ou modificación da vexetación de ribeira precisará da preceptiva autorización ou informe, segundo o caso, tal como se establece na Lei 7/1992, de pesca fluvial, e no Decreto 130/1997, que desenvolve o regulamento da antedita lei.

Será preciso xestiona-la biomasa vexetal eliminada, primando a súa valorización, tendo en conta que non se pode proceder á queima destes restos. No caso de que sexa depositada sobre o terreo, deberase proceder á súa trituración e espallado homoxéneo, para permitir unha rápida incorporación ó solo.

As especies singulares presentes na zona, como Narcissus triandrus, Cirsium filipendulum, Serratula tinctoria e Narcissus bulvocodium, entre outras, non poderán ser afectadas. Para tal fin, realizarase un estudio-inventario das especies singulares (endémicas, ameazadas, protexidas pola lexislación ou que se recollan na Lista roja de la flora vascular española) dentro da poligonal do parque eólico, no que se inclúan planos detallados da súa localización respecto das instalacións e infraestructuras do parque e medidas protectoras e/ou correctoras precisas para non afectar a estas especies, de acordo co requirido no punto 11.2 da presente DIA.

6.3. Sobre os hábitats naturais.

Prestarase especial atención en non compromete-la persistencia dos hábitats naturais prioritarios e de interese comunitario presentes no polígono do parque, asegurando o seu mantemento ou restablecemento nun estado de conservación favorable, tal como se establece na Directiva 92/43/CEE, relativa á conservación dos hábitats naturais e da flora e fauna silvestres.

Cara a evita-la afección ós valores medioambientais polos que A Serra do Xistral foi proposta para a súa inclusión no Rexistro Xeral de Espacios Naturais en Réxime de Protección Xeral, en virtude da Orde do 7 de xuño de 2001, os aeroxeradores 8, 9 e 10, e tódalas súas infraestructuras asociadas, deberán distribuírse fóra da área proposta como lugar de importancia comunitaria. Para tal fin proporanse novas localizacións para os anteditos aeroxeradores indicando as coordendas UTM das novas posicións, segundo o requirido no punto 11.1 da presente DIA.

A dirección de obra disporá dos planos de distribución dos hábitats e especies de flora de interese comunitario e/ou prioritario e áreas que se van preservar, e será asesorada en todo momento das condicións para a súa protección. Así mesmo, estas zonas deberán ser balizadas previamente ó inicio das obras para evitar calquera posible afección.

En calquera caso, durante as fases de replanteo, apertura ou acondicionamento de viais, execución de cimentacións, explanacións e gabias do cableado, realizarase un seguimento continuo en campo por parte do equipo de seguimento ambiental do proxecto, co

obxecto de verificar que non se producen impactos imprevistos e que se adoptan as medidas protectoras e correctoras necesarias para a súa preservación, tanto as indicadas no estudio ambiental como as establecidas nesta declaración.

No caso de que se detectase algún impacto non previsto na documentación presentada polo promotor ou na presente declaración, tomaranse as medidas oportunas para paraliza-la actuación, poñendo en coñecemento desta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental a incidencia detectada, quen a avaliará e informará sobre a conveniencia ou non de continua-la actuación nesas circunstancias.

7. Protección do patrimonio cultural.

Deberá realizarse un control e seguimento arqueolóxico durante as fases de replanteo, execución de obra e restitución dos terreos en todo o ámbito do parque, polo que, previamente ó inicio das obras, elaborarase un proxecto arqueolóxico que terá que ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Como anexo ó proxecto arqueolóxico deberase recoller, na cartografía empregada polo persoal da obra durante o seu transcurso, un plano no que figure a localización dos elementos do patrimonio cultural, xunto coas súas áreas de exclusión e cautela (obxecto de control e seguimento arqueolóxico). O dito plano incorporará os textos necesarios para a súa comprensión.

Con base nos resultados das actuacións arqueolóxicas en cada unha destas fases, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, como organismo competente na materia, decidirá sobre a conveniencia de establecer outras medidas de protección. Na fase de replanteo revisaranse os impactos e valorarase a aplicación das correspondentes medidas correctoras.

Os traballos arqueolóxicos terán que ser levados a cabo por técnicos arqueólogos competentes, de acordo coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, de patrimonio cultural de Galicia.

8. Sobre a paisaxe.

Empregaranse cores pouco rechamantes e tonos mate no acabado dos aeroxeradores e as liñas eléctricas previstas no interior do parque, tanto en baixa como en media tensión, así como as de telemando, comunicacións, etcétera, estarán soterradas en gabias, tal como se indica no estudio ambiental.

O desenvolvemento do plan de revexetación, conforme avanza a obra, xunto co seguimento da súa efectividade, deberá garanti-la integración paisaxística das restantes infraestructuras do parque eólico.

9. Outras medidas.

Co fin de evitar posibles colisións de aeronaves cos aeroxeradores, deberanse instalar sinalizacións conforme a normativa OACI (Organización de Aviación Civil Internacional), de tal xeito que indiquen a presencia dos aeroxeradores.

10. Restauración.

Tódolos terreos afectados ou deteriorados pola execución das obras (marxes dos viais, foxos, gabias do cableado, plataformas de montaxe, contorno da subestación e das obras de drenaxe, zonas de amoreamento de materiais...) deberán ser recuperados mediante revexetación, de xeito que se restitúa a vexetación autóctona presente na zona e se favoreza a recuperación do solo e a reinstalación da vexetación orixinal, garantindo o seu mantemento ó longo do tempo.

Para tal fin, levarase a cabo o Plan de recuperación de suelos y vegetación tras la ejecución de las obras de construcción y en la fase de abandono de la actividad incluído no estudio ambiental, realizando un seguimento da súa efectividade, tal como se contempla no plan presentado. Incrementarase a intensidade deste seguimento no caso de que se detecten dificultades para o desenvolvemento da vexetación.

Os labores de restauración realizaranse conforme avanza a obra e as distintas superficies que se van restaurar acadan o seu estado definitivo, co fin de controla-los fenómenos erosivos, arrastre de materiais e lograr unha maior integración paisaxística das zonas alteradas desde un principio.

En función da súa natureza e características, a capa edáfica ou horizonte vexetal do solo será retirada previamente á ocupación do terreo, amoreada sen mesturala con outros horizontes e mantida nas condicións sinaladas no plan de restauración.

Previamente á revexetación efectuarase o acondicionamento do terreo, procedendo á súa descompactación e laboreo superficial, retirando o exceso de pedregosidade e estendendo a terra vexetal previamente amoreada. Minimizarase o estendido de terra vexetal, restrinxíndoo ás zonas alteradas que vaian ser restauradas.

Ó finaliza-las obras, retiraranse as casetas de obra e calquera outra estructura relacionada, procedendo á recuperación da zona afectada.

Así mesmo, presentarase un novo orzamento do plan de restauración adaptado ás modificacións debidas á reutilización dos aeroxeradores 8, 9 e 10, indicado no punto 6.3 da presente DIA, de acordo co requirido no punto 11.7 desta DIA.

11. Documentación adicional.

Previamente ó inicio das obras, nun prazo de tres (3) meses desde a notificación da presente DIA, o promotor presentará perante o órgano substantivo, quen dará traslado a esta dirección xeral para a súa valoración e, se procede, imposición de medidas protectoras e/ou correctoras adicionais que se deriven, catro (4) exemplares da seguinte documentación:

11.1. Proposta de desprazamento dos aeroxeradores 8, 9 e 10, e tódalas súas infraestructuras asociadas, conforme o indicado no punto 6.3 desta DIA, indicando as novas cordenadas UTM e reflictindo nun plano de detalle as novas localizacións das infraestructuras asociadas ós aeroxeradores, relativizándoo co patrimonio cultural, vexetación e hábitats presentes na zona.

Acompañarase, sen detrimento de calquera outra información que se estime oportuna, dunha reportaxe fotográfica detallada que reflicta os puntos previstos para a instalación das infraestructuras e instalacións indicadas, cunha calidade que permita a corroboración dos datos que se acheguen no estudio. Así mesmo, indicaranse as coordenadas UTM dos lugares propostos, detallando o tipo de hábitat e o seu estado de conservación.

11.2. Estudio valorativo da posible afección das instalacións e infraestructuras do parque sobre as especies de plantas singulares presentes na zona, acompañado de reportaxe fotográfica detallada e proposta de localización alternativa de aeroxeradores e desvío de viais e gabias do cableado para os casos nos que se detecte afección, de acordo co exposto no punto 6.2 da presente DIA.

Incluirase, sen detrimento dos planos de detalle que se estime oportuno incluír, un plano en planta, a escala 1:5.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas UTM no que se reflicta a localización de especies singulares de plantas, relativizándoos coa obra proxectada inicialmente e a proposta para evita-la afección, indicando, para aqueles aeroxeradores que fose necesario desprazar, as coordenadas UTM do novo lugar.

Unha vez informada favorablemente por esta dirección xeral a documentación requirida nos puntos anteriores, presentarase:

11.3. Plano en planta, a escala 1:5.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas UTM, no que se reflictan tódalas infraestructuras e instalacións proxectadas, de acordo co que se derive do cumprimento dos puntos anteriores. Diferenciaranse os viais preexistentes dos de nova construcción e aqueles que se van acondicionar (indicando a súa lonxitude), reflectindo así mesmo a poligonal do parque, accesos, elementos do patrimonio cultural xunto coas súas áreas de exclusión e cautela, así como a localización prevista da zona de instalacións de obra, parque de maquinaria e amoreamento de materiais.

11.4. Novas medicións do nivel de ruído para a fase preoperacional, realizadas por entidade homologada, tendo en conta que os informes de resultados deben estar asinados por técnico da entidade realizadora da medición. Indicarase así mesmo a velocidade do vento (máxima, mínima, media e desviación típica) durante o período de medición.

11.5. Estudio xustificado de localización dos dispositivos de drenaxe necesarios, tanto transversais como lonxitudinais, indicando a dirección do fluxo de auga e a área drenada por cada unha das infraestructuras de drenaxe proxectadas, incluíndo un plano en planta a escala 1:5.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas UTM. Así mesmo, describiranse os sistemas protectores e de disipación de enerxía que se vaia instalar á saída das drenaxes transversais e nos puntos de vertido dos foxos á rede natural de drenaxe da zona e proporase un plan de seguimento do funcionamento das drenaxes instaladas.

11.6. Novo plan de seguimento da avifauna, integrando a información achegada no plan presentado e desenvolvendo detalladamente os seguintes contidos:

-Caracterización cualitativa e cuantitativa da avifauna na área do parque, baseada en traballo de campo, independentemente da información bibliográfica que se poida achegar ó respecto. Deberá caracterizarse, con base en sucesivas campañas, a avifauna nidificante, en paso migratorio, sedentaria e invernante, describindo a metodoloxía que se vaia empregar nesta caracterización. Considera así mesmo metodoloxías específicas para a caracterización da comunidade de aves rapaces, tanto diúrnas como nocturnas, baseadas en censos e estacións de observación e escoita. Mapificación dos itinerarios de censo, puntos de observación e escoita, áreas de campeo e nidificación, especialmente das aves rapaces e especies protexidas e uso do espacio pola avifauna, relativizándoos coas infraestructuras proxectadas. Indicarase a frecuencia de tódolos censos e controis que se vaian efectuar. Caracterización do paso migratorio e movementos de aves na área afectada, achegando información sobre as especies e

tipoloxía do paso, nº de aves, períodos de paso, altura do voo, traxectoria e sentido dos movementos. Caracterización do uso do espacio polas aves rapaces.

-Valoración da vulnerabilidade da avifauna á construcción e funcionamento do parque, en función dos resultados das campañas anteriores, da topografía da zona e da configuración das aliñacións de aeroxeradores. O plan de seguimento deberá valora-la singularidade e valor ecolóxico das especies detectadas, incidindo naquelas máis susceptibles de seren afectadas e as que presentan figuras de protección.

-Metodoloxía para o seguimento da incidencia do parque sobre a avifauna, nas fases de obra e funcionamento, detallando os controis que se van efectuar e a súa frecuencia, considerando a detección do efecto baleiro, posibles molestias, caracterización do comportamento das aves ante os aeroxeradores e detección de morte por colisión. No referente á busca de aves accidentadas por colisión, describirase con detalle a metodoloxía que se vai empregar na selección e posterior revisión dos aeroxeradores en cada visita, tendo en conta as dimensións do aeroxerador, a súa posición topográfica, posible interferencia coas rutas de paso de aves ou áreas de campeo e nidificación, e posición relativa destes no conxunto do parque, co fin de proceder á selección daqueles que poidan ter unha maior incidencia sobre a avifauna. O número de aeroxeradores revisados en cada visita non será inferior ó 70 %, e nas sucesivas campañas incorporaranse novos aeroxeradores ata determina-la afección da totalidade

destes. Incluirase unha valoración da distorsión que pode introducir nos resultados das campañas e na estimación de índices de colisión o diferente esforzo de mostraxe realizada, condicións climatolóxicas durante as mostraxes, detectabilidade e desaparición dos cadáveres por necrófagos, así como os factores de corrección que se van introducir para corrixir posibles desviacións. A frecuencia das visitas será como

mínimo mensual, considerando unha visita quincenal nas épocas reproductoras e de paso migratorio, en función dos resultados das campañas de caracterización da avifauna, así como unha redefinición en función dos resultados do seguimento, aumentando a frecuencia no caso de detectarse afección.

-Definición cuantitativa e cualitativa dos limiares de risco (alerta e inadmisible) por colisión e aparición do efecto baleiro, que indiquen a necesidade de adopción de medidas protectoras ou correctoras específicas, detallando e xustificando o método para a súa determinación.

-Descrición detallada das medidas protectoras e/ou correctoras que se van adoptar, tanto na fase de obras como na de funcionamento, no caso de acada-las situacións de risco indicadas no punto anterior, ou ante a manifestación de efectos acumulativos e/ou sinérxicos. Considera, entre outras, a estipulación dun período de parada dos aeroxeradores e un incremento na frecuencia dos controis que se van efectuar. Describiranse así mesmo as medidas propostas para a detección de posibles impactos imprevistos, así como as medidas protectoras de aplicación inmediata ante unha situación deste tipo.

-Presentación dos resultados, describindo a estructura e contido dos informes, que constarán, como mínimo, dun punto introductorio, indicando datas e descrición das campañas efectuadas, outro cos datos e resultados obtidos e un de valoración, discusión e conclusións finais.

11.7. Novo orzamento do plan de restauración, que inclúa as modificacións debidas a reutilización dos aeroxeradores 8, 9 e 10.

11.8. Documentación acreditativa de ter notificada a pequena producción de residuos perigosos para a fase de obras, segundo o Decreto 298/2000, do 7 de decembro, polo que se regula a autorización e notificación de productor e xestor de residuos de Galicia.

11.9. Copia da autorización do proxecto arqueolóxico para a realización do control e seguimento arqueolóxico durante a fase de obras, conforme o indicado no punto 7 da presente DIA. En ningún caso poderán iniciarse as obras sen a autorización expresa da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, respecto do indicado neste punto.

Unha vez avaliada a antedita documentación, remitiráselle ó promotor o seu resultado, non podendo proceder ó inicio das obras ata que conte co informe favorable desta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Unha vez informado por esta dirección xeral o cumprimento do indicado nos puntos anteriores, o promotor comunicará a esta dirección xeral a data de inicio das obras, remitindo como mínimo 48 horas antes do seu comezo, un cronograma de obras actualizado, contendo tódalas actividades, incluíndo as medidas protectoras e correctoras e indicando, para cada actividade, as datas de inicio, fin e a duración prevista.

12. Programa de vixilancia e seguimento ambiental.

O obxecto deste programa é o de garantir ó longo do tempo o cumprimento das medidas protectoras e correctoras consideradas no estudio ambiental e no condicionado da presente declaración, así como incorporar procedementos de autocontrol por parte do promotor. O programa debe permitir detectar, cuantificar e corrixir diferentes alteracións que non se puidesen prever no estudio ou no condicionado da DIA, e levar a cabo novas medidas correctoras acordes coas novas problemáticas xurdidas.

Tendo en conta o anterior, o promotor remitirá a esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, a través do órgano substantivo e coa periodicidade indicada, tres (3) exemplares da seguinte documentación:

12.1. Durante a execución das obras, con carácter mensual, presentarase:

a) Cronograma de obras debidamente actualizado, con tódalas actividades, incluíndo as medidas protectoras e correctoras e indicando, para cada actividade, a porcentaxe de avance respecto ó total. No cronograma figurará a data de actualización.

Con carácter trimestral, presentarase un informe de obras que inclúa:

b) Resultados das medicións do nivel de ruído, en plena actividade, indicando persoal de obra e maquinaria en funcionamento durante a realización da medición. As medicións serán efectuadas por entidade homologada e os informes presentaranse asinados por técnico desa entidade. Deberá indicarse a velocidade do vento durante o período de medición.

c) Resultados do plan de control da calidade das augas, funcionamento dos dispositivos de drenaxe e condicións de incorporación á rede natural, conforme o indicado no punto 3 desta DIA.

d) Informe, acompañado de reportaxe fotográfica, onde se describa o desenvolvemento dos traballos, controis ambientais efectuados (indicando datas das visitas), resultados da aplicación das medidas protectoras e correctoras (control de eficacia), tanto as indicadas na documentación avaliada como as establecidas nesta declaración, incidencias ou imprevistos acontecidos, labores de restauración levados a cabo, xestión dos residuos de obra, protección dos hábitats naturais, etcétera. O informe reflictirá o cumprimento das condicións establecidas na declaración, en relación a tódolos aspectos incluídos ou derivados dela. Nas fotografías indicarase a data e a hora, acompañándoas dun plano de localización.

e) Plano en planta, a escala 1:5.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas UTM, no que se reflicta a situación real das obras e porcentaxe de execución respecto ó total, referido ós distintos elementos que conforman o proxecto: viais, aeroxeradores, plataformas de montaxe, gabias do cableado, subestación, etcétera.

12.2. Ó final das obras, comunicarase a data prevista para a posta en marcha da instalación. No prazo máxi

mo de dous (2) meses desde o remate dos traballos, presentarase un informe fin de obras, co seguinte contido mínimo:

a) Memoria onde se describa o desenvolvemento dos traballos desde a emisión do último informe de obras, controis ambientais efectuados de acordo co plan de vixilancia (indicando datas das visitas), medidas protectoras e correctoras levadas a cabo e resultado destas (control de eficacia), incidencias ou imprevistos acontecidos e solucións adoptadas, destino dos sobrantes de terras, residuos de obra e biomasa vexetal e descrición detallada do estado final da área afectada, en relación a tódolos aspectos incluídos no estudio ambiental e no condicionado desta declaración.

b) Reportaxe fotográfica que amose con detalle os aspectos máis salientables da actuación: zonas nas que se implantaron os aeroxeradores, subestación, estado dos viais, drenaxes e foxos, gabias do cableado, estado de limpeza da área, en especial da zona destinada a instalacións de obra, así como das zonas onde se efectuaron medidas protectoras e correctoras. Nas fotografías indicarase a data e a hora, acompañándoas dun plano de localización.

c) Documentación acreditativa da entrega a xestor autorizado dos residuos xerados.

d) Documentación acreditativa de ter notificado a pequena producción de residuos perigosos para a fase de explotación, segundo o Decreto 298/2000, do 7 de decembro, polo que se regula a autorización e notificación de productor e xestor de residuos de Galicia.

e) Plano en planta, a escala 1:5.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas UTM, no que se reflicta a localización real de tódalas instalacións e infraestructuras do parque, correspondente a un levantamento topográfico da obra realizada, indicando así mesmo as zonas onde se realizaron medidas protectoras e/ou correctoras de carácter ambiental.

12.3. Seguimento ambiental semestral, contado dende o inicio da explotación, durante os dous primeiros anos desta. Este informe incluirá, como mínimo, os seguintes contidos:

a) Resultados das medicións do nivel de ruído na fase de funcionamento do parque, indicando o número de aeroxeradores en marcha durante a medición e a duración desta. Os resultados da primeira medición realizada serán remitidos no momento no que sexan obtidos.

b) Resultados do control do funcionamento dos dispositivos de drenaxe, mantemento do réxime hídrico, calidade das augas e condicións de incorporación das augas á rede natural de drenaxe, de acordo co indicado no punto 3 da DIA.

c) Resultados do plan de seguimento de avifauna, conforme o indicado no punto 6.1 desta DIA.

d) Informe, acompañado de reportaxe fotográfica detallada, no que se describan os resultados da aplicación do plan de restauración, indicando os avances e incidencias no proceso de rexeneración da cuberta vexetal, estado dos viais, noiros, drenaxes, foxos,

gabias do cableado e aquelas zonas nas que se aplicasen medidas de protección contra a erosión. Detalle dos controis ambientais efectuados (indicando datas das visitas) para verifica-la eficacia e evolución das medidas protectoras e correctoras adoptadas, avaliando o seu resultado. Descrición das posibles incidencias en relación a tódolos aspectos incluídos ou derivados da DIA. Nas fotografías indicarase a data e a hora, acompañándoas dun plano de localización.

12.4. Seguimento ambiental anual: presentarase a partir do segundo ano de explotación e terá, salvo indicación en contra por parte desta dirección xeral, os contidos do informe requirido no punto anterior.

12.5. Seguimento dos posibles efectos acumulativos e/ou sinérxicos: xunto cos informes de seguimento ambiental, acompañarase un anexo cos resultados do seguimento dos posibles efectos acumulativos e/ou sinérxicos deste parque cos do seu contorno, e a súa valoración para cada un dos factores estudiados, conforme o documento Información complementaria sobre la instalación de parques eólicos en la Sierra de Buio. Promovidos por Eurovento, S.L. Estudio valorativo de posibles impactos ambientales acumulativos o sinérgicos. Diciembre 2001, prestando especial atención á avifauna e hábitats protexidos e indicando as medidas protectoras e/ou correctoras adoptadas no caso de producirse a aparición deste tipo de efectos.

12.6. Informe previo ó abandono: no prazo de seis (6) meses previos á finalización da explotación do parque, remitirase o cronograma previsto das actuacións de desmantelamento e abandono da instalación. Se é o caso, xuntarase un informe indicando as posibles variacións respecto do previsto na addenda que se vai presentar de acordo co punto 11.7 desta DIA, xunto coa súa xustificación.

12.7. Informe posterior ó abandono: no prazo de dous (2) meses contados desde o fin das accións para o desmantelamento e abandono da instalación, remitirase un informe que conteña a descrición detallada das actuacións levadas a cabo, con especial mención á xestión aplicada ós residuos procedentes do desmantelamento e á restauración das superficies afectadas. Acompañarase de reportaxe fotográfica que reflicta o estado final da área, unha vez rematados os labores de abandono e realizada a oportuna revexetación.

No caso de que se detecten durante o seguimento ambiental que se vai efectuar, en calquera das súas fases, impactos imprevistos ou alteracións que superen os limiares establecidos nesta declaración ou na lexislación aplicable, comunicarase inmediatamente a esta dirección xeral, propoñéndose as medidas correctoras precisas para corrixilas.

13. Condicións adicionais.

13.1. Para efectos de seguimento da presente declaración, o órgano substantivo comunicará a este órgano ambiental a data de notificación da DIA ó promotor.

13.2. As condicións sinaladas nesta declaración de impacto ambiental (DIA) son de obrigado cumprimento para a empresa promotora. Nembargantes, o pro

motor poderá solicitar ó órgano ambiental a revisión das medidas indicadas, co obxecto de modificalas ou cambialas por outras, naqueles supostos que tecnoloxicamente presentasen graves dificultades para a súa implantación, ou implicasen modificacións importantes na actividade, sempre e cando as novas medidas propostas permitan acada-los obxectivos e fins que se indican na presente declaración.

Nesta circunstancia, o promotor realizará a solicitude á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, a través do órgano substantivo, achegando documentación técnica que xustifique as novas medidas propostas. Esta solicitude remitirase no prazo máximo dun (1) mes despois de serlle notificada a presente DIA polo órgano substantivo. Unha vez recibida a solicitude e documentación mencionadas, o órgano ambiental procederá á súa avaliación, comunicando o acordo adoptado ó promotor, quen non poderá comeza-las obras antes de contar cunha comunicación desta dirección xeral para o efecto.

13.3. Co obxecto de acada-la máxima coordinación e eficacia no cumprimento da presente declaración, o promotor deberá designar un responsable do control deste, notificando o seu nomeamento ó órgano substantivo, quen o comunicará ó órgano ambiental.

13.4. Calquera cambio que se pretenda introducir respecto da documentación avaliada deberá ser notificado previamente, a través do órgano substantivo, a esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, quen o avaliará e decidirá sobre a súa aceptación, comunicando así mesmo se procede ou non a modificación da declaración ou a iniciación dun novo trámite de avaliación ambiental.

13.5. Previamente ó inicio das obras, o promotor deberá depositar un aval para garanti-lo cumprimento das medidas correctoras e responder da reparación dos posibles danos que se lle poidan causar ó medio natural e do custo de restauración, de acordo co disposto no Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental.

Proponse como importe provisional do aval, que deberá fixa-lo órgano substantivo, o 4% do investimento previsto, ascendendo á cantidade de seiscentos vinte mil cincuenta e sete euros con dous centimos (620.057,02) (103.168.807,64 pesetas). O importe definitivo do aval proporase cando o promotor presente o novo orzamento do plan de restauración, tendo en conta o requirido no punto 11.7 da presente DIA.

13.6. O órgano ambiental, por iniciativa propia ou por proposta do órgano substantivo, poderá establecer, en calquera momento e só para os efectos ambientais, condicionados adicionais á presente declaración, en función dos resultados que se obteñan tanto no desenvolvemento das obras como da explotación, ou ante a manifestación de calquera tipo de impacto non considerado actualmente.

13.7. Se unha vez emitida esta declaración se manifestase algún outro tipo de impacto, severo ou crítico sobre o medio ambiente, o órgano substantivo, por propia iniciativa ou por solicitude da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, poderá suspender

cautelarmente a actividade ata determina-las causas que xeran os mencionados impactos, e ata que estes sexan corrixidos.

13.8. O incumprimento total ou parcial, por parte da empresa promotora, das condicións impostas nesta DIA, poderá ser causa suficiente para proceder á solicitude de peche cautelar e adopta-las medidas oportunas en cumprimento da lexislación vixente.

13.9. A presente resolución, adoptada por esta dirección xeral, non exime o promotor de solicitar tódolos permisos necesarios ós organismos competentes, para levar a cabo a actividade ou modificacións desta, incluído, se sé o caso, o Plan Xeral de Ordenación Urbana ou Normas Subsidiarias.

13.10. O proxecto de referencia estará ó abeiro do disposto na Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

13.11. O promotor queda obrigado a cumprir tódalas disposicións que se dicten con posterioridade, en relación con este tipo de actividades.

13.12. Como queira que a publicación da DIA no Diario Oficial de Galicia é preceptiva segundo o disposto no artigo 5.7º Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, non poderán iniciarse os traballos ata que sexa formalizado este trámite.

ANEXO I

Resumo do proxecto

O proxecto denominado Parque Eólico Rioboo. Julio 2000, promovido pola empresa Eurovento, S.L., consiste na instalación e explotación dun parque eólico composto por 16 aeroxeradores e a súa infraestructura asociada, nos concellos de Xove, Viveiro e O Valadouro (Lugo).

Os aeroxeradores disporanse en tres aliñacións nas zonas de cumio e ladeira dos lugares coñecidos como A Lomba de Cal Grande Madalena e Penido de Pedrasoa. O parque eólico utilizará a subestación transformadora e o edificio de control do futuro parque eólico de Buio, proxectado o surleste do parque eólico de Rioboo, no interior do polígono definido polas seguintes coordenadas UTM:

Vértice XVértice Y

623.0004.831.000

620.0004.831.000

620.0004.828.800

619.5004.828.800

619.5004.827.100

622.0004.827.100

622.0004.828.800

623.0004.828.800

As características básicas do proxecto presentado son as seguintes:

-Número de aeroxeradores: 16.

-Modelo: Bazán Bonus.

-Potencia unitaria por aeroxerador: 1.300 kW.

-Potencia total instalada: 20,8 MW.

-Altura das torres: 55 m.

-Diámetro do rotor: 62 m.

-Producción neta anual prevista: 54.400 MWh/ano.

-Investimento previsto: 15.501.425,55 A equivalentes a 2.579.220.191 ptas.

A obra civil inclúe a creación de 4.264 m e a mellora de 3.639 m de viais de acceso e servicio ós aeroxeradores, cunha largura de rodadura de 5 m dotados de foxos de 1x0,5 m para a recollida e evacuación de pluviais. Prevese a execución de 10.322 m de gabias de conducción do cableado, cunha largura máxima de 75 cm. A duración estimada da fase de obras é de oito (8) meses.

Medidas preventivas e correctoras.

Protección da atmosfera.

-Rega das superficies cando as obras coincidan co período de estiaxe.

-Realización dun control das emisións de ruído e introducción dun apantallamento en caso necesario.

-Verificación da nitidez dos sinais de televisión nas entidades de poboación da zona de afección do parque eólico.

Protección do solo.

-Disposición das gabias do cableado paralelas e lindantes ós viais en boa parte do seu percorrido.

-Utilización dunha soa subestación para os tres parques eólicos.

-Determinación da localización das instalacións auxiliares da obra utilizando na medida do posible as áreas máis degradadas á vista dun experto.

-Evita-la ocupación das chairas de inundación e zonas próximas a fontes ou áreas de captación de auga con contornos de solos hidromorfos.

-Control topográfico dos límites de escavación e reducción do uso de terras de recheo.

-Reducir ó estrictamente necesario o movemento de terras e a ocupación derivada dos labores de obra civil.

-Realiza-los acopios de terra vexetal e outros préstamos cunha altura máxima de 1,5 m e con criterios de mantemento que garantan a conservación das súas propiedades, grao de humidade, especialmente dos solos con horizonte H.

-Humectación continua en tempos de seca, tanto dos amoreamentos como das zonas de explanación.

-Estabilizar inmediatamente os noiros, terrapléns e materiais mobilizados, empregando mallas para evitar desprazamentos.

-Minimiza-la superficie ocupada polas instalacións necesarias durante esta fase.

-Adecua-la superficie de ocupación das plataformas eólicas á topografía da zona e reducir na medida do posible a dita superficie, evitando o sobredimensionamento e aproveitando os viais existentes e os de nova construcción.

-Minimiza-la compactación tanto nas plataformas eólicas como nas zonas non ocupadas directamente polas instalacións, pero que poidan ser empregadas para a manobra da maquinaria.

-Controla-lo diámetro de perforación nas voaduras e evita-lo sobredimensionamento.

-Revexetación de tódalas zonas desprovistas de vexetación, incluíndo noiros pedregosos.

-Control e vixilancia continuado durante a fase de obras, especialmente durante a apertura de viais, construcción das zapatas e instalación dos aeroxeradores. Plan de recuperación de solos e vexetación.

-Control de eficacia das medidas correctoras adoptadas. No caso de que durante a fase de construcción se comprobase a existencia de formacións que requirisen especial preservación, procederase ó replanteo dos labores de execución de obra civil.

-Acondicionamento e rehabilitación das zonas afectadas, redistribuíndo os acopios procedentes dos movementos de terras, recuperación da morfoloxía superficial, acabado e sustentación de terrapléns e noiros. Plan de recuperación de solos e vexetación.

Medidas correctoras na fase de abandono do parque eólico.

-Desmantelamento das instalacións non fixas.

-Desmontaxe dos aeroxeradores, retirada dos elementos e eliminación da parte aflorante da base.

-Desmontaxe e desconexión de toda a aparellaxe eléctrica da subestación.

-Inutilización do cableado de conexión ós aeroxeradores e o soterrado nas gabias.

-Acondicionamento e rehabilitación das zonas afectadas.

-Adecuación de usos das instalacións existentes.

Protección da rede hidrolóxica.

-Preserva-las augas dos cursos hidrográficos, adoptando as medidas correctoras recollidas para o tratamento de solos.

-Instalaranse trampas de sedimentos ou mallas para controla-la escorrega, reducirase ó mínimo o uso de materiais de recheo e construiranse foxos amplos.

-Evitar no posible as afeccións a canles superficiais, restituíndo a achega de caudais ás vertentes orixinais, evitando a aparición de canles de drenaxe.

Protección da vexetación.

-Mante-lo hábitat existente, reducindo de forma sistemática o grao de ocupación e compactación derivado de calquera obra civil.

-Emprego de técnicas adecuadas de roza da vexetación, que favorezan a revexetación polas especies da zona nas áreas afectadas polas obras.

Aínda que as instalacións do proxecto non modifican substancialmente as formacións de vexetación de maior valor da zona, deberán terse en conta as medidas correctoras propostas para o solo, co fin de evitar efectos indirectos non desexados.

Protección da fauna.

-Deseño das torres e pas dos aeroxeradores de xeito que diminúan a posibilidade de colisión de aves. Tecnoloxía de control e funcionamento para evita-los episodios de colisión.

-No caso de detectarse un elevado número de colisións, retrasarase a entrada en funcionamento dos aeroxeradores máis conflictivos.

-Realización dun seguimento da incidencia do parque sobre a avifauna.

ANEXO II

Resumo dos informes

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural emite informe favorable ó estudio de impacto ambiental, aceptando as medidas correctoras do estudio de impacto sobre o patrimonio arqueolóxico, cos seguintes condicionantes que se van incluír na correspondente declaración ambiental:

1. Deberá realizarse un control e seguimento arqueolóxico durante as fases de replanteo, de execución de obra e de restitución dos terreos, en todo o ámbito do parque eólico. Para tal fin, e previo o inicio das obras, elaborarase un proxecto arqueolóxico que terá que ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

2. Como anexo ó proxecto arqueolóxico deberase recoller, na cartografía empregada polo persoal da obra durante o seu transcurso, un plano no que figure a localización dos elementos do patrimonio cultural, xunto coas súas áreas de exclusión e cautela (obxecto de control e seguimento arqueolóxico). O dito plano incorporará os textos necesarios para a súa comprensión.

3. Con base nos resultados das actuacións arqueolóxicas, en cada unha destas fases, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, como organismo competente na materia, decidirá sobre a conveniencia de establecer outras medidas de protección. Terase en conta que na fase de replanteo revisaranse os impactos e valorarase a aplicación das correspondentes medidas correctoras.

4. Os traballos arqueolóxicos terán que ser levados a cabo por técnicos arqueólogos competentes, de

acordo coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, de patrimonio cultural de Galicia.

A Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural emite informe no que, tras efectuar unha descrición do proxecto avaliado, efectúa as seguintes consideracións:

Parte das instalacións e infraestructuras do proxecto enclávanse ó norte da proposta de lugar de importancia comunitaria, L.I.C., denominada Serra do Xistral. Este espacio atópase, na actualidade, no rexistro xeral de espacios naturais en réxime de protección xeral, establecido así na Orde do 7 de xuño de 2001.

O obxectivo que se persegue coas clasificacións anteriores é garanti-la biodiversidade mediante unha conservación, o suficientemente representativa, dos hábitats naturais e das especies de fauna e flora silvestres, tanto no territorio español como no pertencente á Comunidade Europea.

A finalidade última vén sendo o mantemento ou restablecemento, nun estado de conservación favorable, dos hábitats naturais e das especies silvestres da fauna e da flora de interese comunitario, sempre integrado dentro do contexto socioeconómico e cultural do territorio.

De acordo cos obxectivos e fins expostos estímase a incompatibilidade do cumprimento destes en caso de procederse á implantación dalgunhas das infraestructuras e instalacións previstas, dado que ademais de que se concentran importantes valores medioambientais, estes presentan unha baixa capacidade de homeostasia e resiliencia, polo que calquera afección pode modifica-la estructura e composición dos ecosistemas presentes, así como dos valores ambientais asociados. Motivo que nos leva a propo-la redistribución das infraestructuras e instalacións que afecten a área de referencia, de forma que se localicen fóra desta. Esta área vén corresponderse coa delimitación proposta como lugar de importancia comunitaria.

Podemos concreta-las infraestructuras e instalacións que afectan o espacio de referencia a través dos aeroxeradores nº 08, 09 e 10.

Débense encadra-las observacións anteriores para a parte do parque que afecta o espacio natural protexido. En relación co resto do parque, caben face-las seguintes observacións e de acordo coa documentación presentada:

1. En relación ás aves son de salienta-las contradiccións que se presentan nos distintos puntos do estudio ambiental; sirva como exemplo desta afirmación o feito de que na páxina 59 e 61 se inventarían 45 especies de aves, mentres que no anexo específico de aves se relacionan ata 91 aves. Estímase como válido o exposto no anexo, valorando a exposición da páx. 59 e 61 como errónea, sempre e cando non haxa unha manifestación en contra.

No anexo sobre aves do estudio ambiental expoñen literalmente «La comunidad de vertebrados y par

ticularmente de aves, es bastante rica para el conjunto de Galicia, ya que se ha constatado la presencia de 91 especies de aves en el área de estudio, de las cuales 24 mantienen un estatus de amenaza desfavorable a nivel europeo».

As aves son a clase faunística que presentan un menor grao de homeostasia e resilencia a este tipo de instalacións, aspecto que non pasa desapercibido polos autores do estudio ambiental, presentando ó seu respecto un anexo complementario ó estudio ambiental, específico de aves.

Ademais cóidase de interese que se incorporen as seguintes propostas á hora de presenta-los resultados do plan de vixilancia:

a) Presentación con regularidade periódica dos resultados obtidos (debe establecerse a priori).

b) Presentación, e de forma explícita, dos datos empregados na consecución dos resultados; zonas de mostraxe (mapificación); factores de corrección; desenvolvemento estatístico... En resumo, todo o contido analítico e conceptual debidamente desenvolto para a obtención dos referidos resultados.

c) O parque eólico e as liñas de alta tensión poden ocasionar unha mortandade de aves desprezable durante moitos anos e pode provocar despois repentinamente (durante unha xustaposición casual de certa bandada de aves con certas condicións meteorolóxicas adversas e certa alteración) unha mortandade espectacular de centos de aves nunha soa noite. Por conseguinte, poderíase argumentar que non poden cuantificarse taxas de mortandade específicas, salvo despois de moitas décadas de estudio exhaustivo.

Isto leva a propoñer que o plan debe presentarse para que se solape en duración co tempo de afección do proxecto, ou sexa, durante a súa vida útil.

d) Non está por demais lembrar e recalca-la necesidade de implanta-las medidas mínimas para a detección de calquera impacto negativo imprevisto que se poida producir sobre as poboacións de aves, tanto durante a execución como a explotación. Unha vez detectado o posible impacto adoptaranse as medidas cautelares que procedan, dando comunicación inmediata dos feitos ó organismo competente.

En definitiva deberíase integra-lo conxunto dos plans de vixilancia, así como os resultados e medidas desprendidas destes, nun plan xeral que abarque o conxunto dos parques e liñas de alta tensión da Serra do Xistral. Xustificámo-la a viabilidade e necesidade desta proposta por:

-Tratarse dun espacio con hábitats fundamentais para as aves cunha diversidade destacable de paxaros.

-A integración nun plan xenérico, de estar ben formulado, debe reduci-los custos finais.

-E por último e non por isto menos importante, todo o contrario, os resultados finais presentarán

unha calidade moi superior podendo por tanto determinar medidas moito máis rigorosas con base nestes.

2. Cabe destacar que este parque é lindante con outro solicitado pola mesma empresa, denominado Buio, coa cal comparte infraestructuras e instalacións en concreto a subestación.

Non se especifica por onde transcorrerá a nova liña de evacuación de enerxía, nin o seu punto de destino, nin tampouco se sitúa nos planos a traza de arranque desde a subestación; soamente se indica que será obxeto de proxecto independente.

Debemos ter en conta que a consideración en varias fases minimiza os posibles efectos sinérxicos negativos, sesgándose, por conseguinte, a información do estudio.

Estas sinerxias son especialmente relevantes no caso da determinación da súa influencia sobre a poboación de aves. O enfoque do plan vai presentar un sesgo de grande importancia de non incluí-los efectos sinérxicos que introduce a presencia na área de máis parques eólicos contiguos, así como da necesidade de implementar unha liña de alta tensión para a evacuación da enerxía, ademais das xa existentes ou previstas na área. A consideración dos efectos sinérxicos na zona estímase de todo punto viable ademais de fundamental para reduci-los erros nos resultados finais.

3. O estudio ambiental presenta un anexo específico sobre as afeccións á rede hídrica. Tal é así que as agrupa e describe en afeccións directas e indirectas. Nembargantes e a pesar da descrición e localización de cada unha destas afeccións non se propoñen medidas para a súa eliminación ou amortecemento.

Ademais de desenvolve-las medidas anteriores, estudiarase a necesidade de dispoñer dispositivos de drenaxe artificial, lonxitudinal e transversal (gabias e bueiros). Débense ter en conta estes dispositivos xa que un dos problemas xerados polos viais é a alteración das condicións hidrolóxicas das bacías colectoras. Isto debe levar consigo o cálculo das afeccións, así como deseñar e representar graficamente as medidas correctoras que nestas circunstancias se formulen, facendo especial fincapé nos condicionantes hidráulicos dos elementos que se propoñan (gabias, bueiros...). Entre os puntos que se van ter en conta á hora de face-lo deseño consideraranse:

-Que a auga evacuada en cada bueiro se corresponda coa mesma microbacía na cal se efectuou a captación.

-Sempre é mellor que o número destes sexa elevado, lembrar que os camiños son elementos lineais que cortan transversalmente o paso da auga (efecto presa). Esta limitación implica que na parte baixa da ladeira atravesada pola pista a achega de auga de escorrentía se reduce de xeito importante. Débense sopesa-las implicacións que isto pode xerar no

ecosistema, sobre todo naqueles intimamente ligados ó réxime hídrico.

-Na saída das augas dos bueiros débese ter en conta que esta se efectuará de xeito que non se produzan fenómenos erosivos, de asolagamento ou deposición, sempre e cando non existisen antes da actuación referida.

Farase polo tanto un deseño e construcción da rede de drenaxe artificial (gabias e bueiros) tal que considere entre os seus obxectivos os anteriores, implementando ademais os dispositivos de disipación de enerxía e barreiras de sedimentos precisas e en concordancia con aquelas.

En todo caso é de ter en conta o seguinte:

Respectaranse os leitos dos cursos naturais susceptibles de ser afectados polas obras, de xeito que quede garantido o réxime de caudais; ademais, nas seccións directamente implicadas (paso dunha pista...), certificarase que o fluxo hídrico manteña as condicións actuais de velocidade, para o cal se establecerán as infraestructuras que sexan precisas.

Evitarase o vertido de substancias contaminantes ós cursos de auga (cementos, entullos, aceites...). En xeral non poderá verse afectada a calidade das augas nas súas características físico-químicas e bióticas, cumprindo para iso o considerado na lexislación vixente de conformidade co disposto na Directiva 78/659/CEE, relativa á calidade das augas continentais, no Real decreto 927/1988, polo que se aproba o Regulamento da Administración pública da auga e da planificación hidrolóxica, encontrádose tamén recollido no Decreto 130/1997, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais. En relación co tema terase en conta:

-Non se acumularán nos leitos naturais nin nas zonas de servidume, terra, entullos, material sobrante da construcción ou calquera outro tipo de substancias contaminantes que poidan incorporarse ós cursos de auga por escorrentías ou enchentes do caudal.

-Evitarase no posible o arrastre de sólidos en suspensión.

-Prohíbese a lavada de materiais e utensilios nos ríos ou regatos.

-Vixiarase con especial atención os posibles procesos erosivos ocasionados polos drenaxes das pistas, tomándose as medidas oportunas para solventar posibles imprevisións durante a planificación ou execución, facendo un seguimento periódico no plan de vixilancia, e durante a vida do parque.

Subliña-la necesidade de non efectuar ningún tipo de actuación nos leitos dos regatos existentes na parcela, nin nas súas zonas de servidume e policía sen a previa autorización do organismo de cuncas. No caso de que esta afección atinxa os ecosistemas fluviais, requirirase informe preceptivo desta dirección xeral segundo o disposto no artigo 77.3º do Decreto 130/1997.

4. Na área de actuación estan previstas rozas varias e posibles cortas de vexetación arbórea. Nestas actuacións débense esmera-las precaucións para non afecta-los valores naturais que están protexidos pola lexilación vixente, no caso de detectar algún destes elementos procederase á súa delimitación, así como á adopción das medidas precisas para garanti-la súa preservación.

Estas actuacións van xerar unha serie de residuos forestais que deben ser xestionados de maneira precisa, de forma que se recomenda a valorización dos restos de corta empregando métodos de trituración e esparexemento homoxéneo, por permitir unha rápida incorporación ó solo, diminuí-las posibilidades de incendio, así como riscos de ataques de pragas e enfermidades. En ningún caso se procederá ó enterramento dos restos triturados, xa que isto pode constituír, pola súa vez, un foco importante de enfermidades.

Para a corta de arboredo debe terse en conta o seguinte:

-Onde se pretenda efectuar cortas de especies arbóreas debe terse en conta o disposto no Regulamento de montes, co cal terase que face-la correspondente comunicación de corta ou solicitude de autorización, segundo o caso.

No suposto de afecta-la vexetación de ribeira terase que solicitar a correspondente autorización ó Servicio Provincial de MAN, tal e como establece o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais:

-Para o aproveitamento e a utilización de calquera tipo de vexetación nas ribeiras dos ríos e das augas será precisa a autorización previa do Servicio Provincial de Medio Ambiente, tal e como se preceptúa no artigo 16, da Lei de pesca fluvial e no artigo 56 do seu regulamento.

-Para a modificación da vexetación das beiras e marxes precisarase un informe do servicio provincial correspondente, tal e como se dispón no artigo 16, da Lei de pesca fluvial e no artigo 56 do seu regulamento.

5. Non se poderá depositar, nin acumular na área do parque, nin en terreos anexos, ningún tipo de refugallos sólidos. No caso de empregarse canteiras abandonadas ou outros lugares de acopio debe indicarse cáles, ademais de como se pensan depositar e que actuacións se implementarán para acondicionar estas zonas unha vez rematado o depósito de xeito que se consiga unha boa integración no medio.

En calquera caso, tanto os residuos producidos na fase de construcción como os que proveñan dos labores de mantemento ou outros deberanse recoller e xestionar conforme a súa natureza e de acordo co establecido na lexislación vixente.

Como remate expoñer que, con independencia do previsto no plan de vixilancia do estudio ambiental, durante o replanteo e execución deberanse efectuar

os controis oportunos para garantir que non se produzan impactos imprevistos, sobre todo nas poboacións de aves, sin por isto esquece-los demais elementos do medio (flora e fauna fundamentalmente). No momento en que se detecte un posible impacto tomaranse as medidas necesarias para evitalo, comunicándolle ó correspondente Servicio de Medio Ambiente Natural tal situación, así como as medidas que se planifican adoptar. En todo caso, paralizaranse aquelas obras susceptibles de produci-la devandita afección, en tanto o organismo competente non se pronuncie.

A Dirección Xeral de Obras Públicas informa que a realización deste proxecto deberá respecta-la Lei 4/1994, de estradas de Galicia, no que atinxe ó uso e defensa destas. As obras, edificacións, cerramentos e accesos que afecten os terreos comprendidos na área de influencia das estradas requirirán, en todo caso, expresa autorización do órgano competente da Administración titular da estrada.

A Dirección Xeral de Turismo emite informe no que conclúe que a implantación do parque eólico proposto supón unha incidencia turística reducida e polo tanto asumible.

A Dirección Xeral de Industria emite informe favorable, que inclúe un resumo das características básicas do proxecto, da tramitación realizada, dos informes emitidos polos organismos consultados, dos resultados de información pública e unha proposta de condicionado ambiental, que inclúe os seguintes puntos:

-Ámbito territorial de actuación.

-Impacto causado pola ocupación do terreo.

-Residuos.

-Flora e fauna.

-Impacto visual.

-Urbanismo.

-Programa de vixilancia ambiental.

O organismo autónomo Augas de Galicia emite un informe que inclúe a descrición das unidades de coñecemento na zona do parque e un resumo das características do proxecto avaliado, acompañado do seguinte condicionado:

En todo momento, durante a construcción e na fase de explotación deberán terse en conta as medidas protectoras de non alteración dos cursos fluviais e a prohibición de verter refugallos neles, no caso de que estes se producisen, prohibíndose a lavada de camións e formigoneiras e o cambio de aceite da maquinaria de construcción nas proximidades dos leitos dos regos afectados.

A calidade das augas manterase en niveis óptimos, de tal xeito que trala construcción do parque eólico, a súa calidade e clasificación sexa a mesma que antes do inicio das obras.

Un condicionante básico para entender desta área, sería que a futura autorización reflectise que a instalación se axustará ó cumprimento do Plan Hidrolóxico de Galicia-Costa e ás súas e directrices, en tódolos aqueles aspectos que lle sexan de afección.

Se co motivo da realización dalgún acceso ou vial con gabia do cableado prodúcese algún cruzamento cun curso fluvial, serán necesarias medidas de protección e corrección dos seus efectos, sendo en todo caso preceptiva a autorización do organismo Augas de Galicia, segundo o establece o R.D. 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico e a Lei de augas 29/1985.

En definitiva, este servicio considera que a instalación do citado parque eólico non produce alteracións importantes en relación coa planificación hidrolóxica da zona, sempre e cando se cumpran as medidas preventivas e correctoras, durante a fase de construcción e período de explotación, especificadas no presente informe.

Non obstante, faise indispensable unha correcta execución dos viais, de tal xeito que a incidencia sobre a rede hidrolóxica da zona sexa mínima, evitando sobre todo o vertido accidental de substancias contaminantes.

No caso de que, como consecuencia da explotación deste parque eólico se producisen vertidos ou captacións á rede hidrolóxica, ou cruzamentos da rede fluvial, será necesaria a obtención por parte do explotador das preceptivas autorizacións, que se tramitarán, segundo a lexislación vixente, ante o organismo Augas de Galicia.

ANEXO III

Resumo da alegación

O Concello de Viveiro presenta alegacións ó proxecto sectorial, tanto en forma como en contido. Tamén indica que se deberán cumpri-las medidas correctoras propostas no EIA.