Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 12 de xuño de 2002 Páx. 8.859

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/23).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.A., C.T.I., R.B.T.A. Rebordelos, Albaxeira e Vilar.

Situación: Val do Dubra.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión a 20 kV sobre apoios de formigón e metálicos tubulares, con conductor LA-56, de 910 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. Vilar e final no C.T. Rebordelos, para instalar.

Centro de transformación tipo intemperie, de 50 kVA e tensión de 20/0.380-0.220 kV en Rebordelos, do que parte rede de baixa tensión, sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 100 m que se conecta á rede existente.

Rede de baixa tensión do C.T. Vilar-Rebordelos sobre apoios de formigón e conductor R.Z., de 2.700 m de lonxitude. Concello de Val do Dubra.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 7 de mayo de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña