Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 12 de xuño de 2002 Páx. 8.855

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 2 de maio de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/96).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007, A Coruña.

Denominación: retranqueo liña ferrocarril (Santiago de Compostela-Oroso).

Situación: Santiago de Compostela, Oroso e Trazo.

Características técnicas: retranqueo de L.M.T. afectada pola adecuación e modernización do ferrocarril Zamora-A Coruña. Tramo Santiago de Compostela-Oroso a 20 kV.

-Tramo aéreo subterráneo de 265 m de lonxitude en conductor LA-56 e R.H.V. 95. Actuación 204.

-Tramo aéreo-subterráneo de 570 m de lonxitude. Actuación nº 207.

-Tramo aéreo de 281 m de lonxitude. Actuación 208.

-Tramo aéreo-subterráneo de 380 m de lonxitude. Actuación 215, nos concellos de Santiago de Compostela, Oroso e Trazo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 2 de maio de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña