Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 12 de xuño de 2002 Páx. 8.856

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 2 de maio de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/97).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007, A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.S. r/ Gutemberg (Polígono A Grela).

Situación: A Coruña.

Características técnicas: soterramento da liña eléctrica de media tensión aérea en D.C. e de nova contrucción a 15/20 kV, de 3,53 km de lonxitude en conductor R.H.V. de 240 mm Al, que ten a orixe na L.M.T.A. do expediente 30745 e final nos C.T.S. da nova subministración e nas existentes do expediente 30754.

Tres CC.TT. subterráneos prefabricados de 630 kVA nas rúas Copérnico, Gutemberg e Galilei do polígono da Grela. Concello da Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Mone

los, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 2 de maio de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña