Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 12 de xuño de 2002 Páx. 8.855

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 20 de maio de 2002, da Dirección Xeral de Urbanismo, pola que se notifica a proposta de resolución de expediente sancionador, devolta polo servicio de correos por resulta-lo destinatario ausente no reparto.

De conformidade co disposto polo artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, notificouse a proposta de resolución do procedemento sancionador, poñendo no seu coñecemento que dispón dun prazo de quince días para formular alegacións e presenta-los documentos ou informacións que estime pertinentes ante o instructor do procedemento.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2002.

Pilar Díaz Herrera

Instructora

ANEXO

Expediente: 107C-2002/4-0 (sancionador).

Denunciado: Mª Carmen Pan Lorenzo.

Condición: presunto responsable.

Último enderezo coñecido: Ronda de Outeiro, 224-6º A.

Feitos: obras de construcción de vivenda sen licencia municipal en solo rústico protexido.

Lugar: Antas, Portiño de Suevos.

Concello: Arteixo.

Precepto infrinxido: artigo 182.2º Lei 1/1997, do solo de Galicia e 70.2º do Decreto 28/1999, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de disciplina urbanística.

Precepto sancionador: artigo 185.1º c) Lei 1/1997, do solo de Galicia e 82 do Decreto 28/1999, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de disciplina urbanística.

Sanción proposta: 15.130,20 euros.