Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 12 de xuño de 2002 Páx. 8.853

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (133/2002).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 133/2002 seguidos por instancia de Rosa Míguez Mondelo e outros contra Contexco e outra sobre despedimento, nos que recaeu sentencia en data do 10-5-2002 con que copiada nos particulares necesarios di así:

«Que estimando a demanda formulada por Rosa Míguez Mondelo, María Antonia Sánchez García, Mercedes Galán Núñez, María Teresa Saavedra Illo

bre, José Luis Matos Morgade, Jesús Santiago Buceta, Santiago Barreiro Felpeto e Juan Gocoso Salvador, declaro a improcedencia dos seus despedimentos e condeno a empresa Cotexco, S.L. a que á súa elección que ha de efectuar no prazo de cinco días, os readmita no seu posto e condicións de traballo ou os indemnice coas cantidades seguintes: a Rosa Míguez Mondelo 47960,77 euros, María Antonia Sánchez García 22699,24 euros, Mercedes Galán Núñez 47960,77 euros, Teresa Saavedra Illobre 36922,73 euros, José Luis Matos Morgade 33630,33 euros, Jesús Santiago Buceta 51242,29 euros, Santiago Barreiro Felpeto 54271,39 euros e Juan Gorgoso Salvador 331,35 euros, con aboamento en todo caso dos salarios deixados de percibir desde a data da notificación desta sentencia e que ata a data do despedimento ata a ascenden á cantidade de 3996,73 euros á Sra. Míguez Mondelo, 1998,37 euros a Sra. Sánchez García, 3996,73 euros a Sra. Galán Núñez, 37.86,38 euros a Sra. Saavedra Illobre, 3891,55 euros a Sr.

Matos Morgade, 4270,19 euros a Sr. Santiago Buceta, 4522,62 euros a Sr. Barreiro Felpeto e 2766,64 euros a Sr. Gorgoso Salvador.

Absolvendo ó Fondo de Garantía Salarial das pretensións deducidas en demanda.

Notifíqueselle-la presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este Xulgado do Social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Prevense a empresa demandada que para recorrer deberá acreditar que ingresou na c/c de consignacións código 5604.0000.60 133-2002 do Banco BBVA desta cidade denominada Conta do Xulgado do Social número tres, o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito, requisitos sen os cales non será admitido a trámite o recurso, quedando firme a sentencia.

Así mesmo advírteselle á parte demandada que se fai uso de tal dereito, optando pola readmisión, durante a substanciación do procedemento deberá aboar á parte demandante o mesmo salario que percibiría, estando obrigada esta a presta-los seus servicios á demandada, a menos que esta prefira facer uso de tal aboamento sen percibir ningunha compensación por parte da demandante.

Así, por esta miña sentencia da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Cotexco, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 10 de maio de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado