Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 12 de xuño de 2002 Páx. 8.853

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (26/2002).

Eu, Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos 26/2002 seguidos por instancia de Alejandro del Moral Couto contra Reformas Caxigeira, S.L. sobre salarios, nos que recaeu sentencia con data do 10-5-2002 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que estimando a demanda formulada por Alejandro del Moral Couto contra a empresa Reformas Caxigeira, S.L. condeno a esta a aboarlle a cantidade de 1.928,09 euros, que lle debe en concepto de salarios.

Notifíqueselle-la presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este Xulgado do Social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Prevese a empresa demandada que para recorrer deberá acreditar que ingresou na c/c de consignacións código 5604.0000.60 26-2002 do Banco BBVA desta cidade denominada Conta do Xulgado do Social número tres o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito, requisitos sen os cales non será admitido a trámite o recurso, quedando firme a sentencia.

Así, por esta miña sentencia da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Reformas Caxigeira, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 10 de maio de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado