Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 12 de xuño de 2002 Páx. 8.852

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DE OURENSE (SECCIÓN SEGUNDA)

CÉDULA de notificación (125/2001).

Alfonso Travado y Lira, secretario da Audiencia Provincial de Ourense, sección segunda, certifica

que, nesta sección segunda, existe a peza de apelación nº 125/2001, na que se dictou auto que no seu encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«(Apelación civil):

A Audiencia Provincial de Ourense, constituída por Abel Carvajales Santa-Eufemia, presidente, Fernando Alañón Olmedo e Mª Mercedes Pérez Martín-Esperanza, maxistrados, pronunciou o seguinte auto:

En Ourense o sete de xuño de dous mil un.

Dada conta, por presentado o escrito anterior, coa copia de poder adxunto, únanse á peza da súa razón, déase traslado deles, por medio das súas copias, á contraparte e vistos, en grao de apelación, por esta sección segunda da Audiencia Provincial, actuando como Tribunal Civil os autos de xuízo de menor contía, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia do Barco de Valdeorras, seguidos co nº 88/1998, peza de apelación nº 125/2001, nos que aparece, como parte apelante, Rosa Pérez Rodríguez, representada pola procuradora dos Tribunais Mª Angeles Sousa Rial e asistida polo letrado Roberto Fernández Sánchez e, como apelado, Caixavigo, representado pola procuradora dos tribunais Mª Gloria Sánchez Izquierdo e asistido polo letrado José Luis Franco Fraude, Pizarras San Vicente, S.L., José Luis García Feijoo, Manuela Diéguez Paradelo e José Luis Mazar Quiroga, en situación de rebeldía; sobre tercería de dominio. É maxistrado relator Fernando Alañón Olmedo.

Parte dispositiva.

Polo exposto, a sala acorda: tense por separado e desistido á representación procesual da apelante, Rosa Pérez Rodríguez, a procuradora dos tribunais Mª Angeles Sousa Rial, do recurso de apelación interposto contra a sentencia dictada polo Xulgado de Primeira Instancia do Barco de Valdeorras nos autos citados, a cal se declara firme, con expresa imposición das custas causadas nesta alzada á parte recorrente.

Insírase o orixinal no libro de resolucións definitivas e únase á peza testemuño deste auto. Comuníqueselle ó xuíz inferior con devolución dos autos, se é o caso, e arquívese a peza.

Esta resolución é firme e contra ela non cabe recurso.

Así, por este auto, o acordan, mandan e asinan os arriba referenciados. Abel Carvajales Santa-Eufemia, Mª Mercedes Pérez Martín-Esperanza, Fernando Alañón Olmedo. Rubricados.

E para que así conste e sirva de notificación á entidade apelada non comparecida e ausente en paradoiro ignorado Pizarras San Vicente, S.L., expido e asino esta cédula en Ourense o trece de maio de dous mil dous».

O secretario

Rubricado