Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 12 de xuño de 2002 Páx. 8.851

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 24 de maio de 2002 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dunha praza pertencente á estructura organizativa do Complexo Hospitalario Xeral Cíes de Vigo.

Convocada, por Orde do 15 de abril de 2002 (DOG nº 81, do 26 de abril), a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo pertencente ó Servicio Galego de Saúde, esta consellería, de conformidade co previsto no artigo 7 do Decreto 97/2001, do 22 de marzo (DOG nº 93, do 15 de maio), de regulación básica dos órganos de dirección, asesoramento, calidade e participación das institucións hospitalarias do Servicio Galego de Saúde, no exercicio das competencias que ten atribuídas,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dunha praza pertencente á estructura organizativa do Complexo Hospitalario Xeral Cíes, anunciada por Orde do 15 de abril de 2002 (DOG nº 81, do 26 de abril).

Segundo.-Adxudicarlle destino, na praza que se indica, á persoa seleccionada no anexo desta orde.

Terceiro.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación. De non estima-la interposición deste recurso poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2002.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Posto: director médico.

Nome e apelidos: Orlando Saavedra Cantillana.

DNI: 34958875.

Titulación académica: titulación superior.