Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 12 de xuño de 2002 Páx. 8.850

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 20 de maio de 2002 pola que se convoca proceso extraordinario de consolidación de emprego para a selección e provisión de prazas de persoal estatutario das institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde da categoría de médico de urxencias hospitalarias.

Advertido erro no texto da dita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 105, do 3 de xuño de 2002, cómpre efectua-la oportuna corrección, sen altera-lo prazo de presentación de instancias:

Na páxina 8.018, na base sétima A), punto 7, onde di: «...e iniciarán aqueles dos que o primeiro apelido comece pola letra T, de conformidade co establecido

na resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 14 de febreiro de 2001, pola que se fai público o resultado do sorteo realizado o 13 de febreiro (DOG nº 39, do 23 de febreiro)....»; debe dicir: «...e comezarán por aqueles dos que o primeiro apelido comece pola letra S, de conformidade co establecido na resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 27 de febreiro de 2002, pola que se fai público o resultado do sorteo realizado o 26 de febreiro (DOG nº 47, do 6 de marzo)....».