Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 12 de xuño de 2002 Páx. 8.850

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 20 de maio de 2002 pola que se convoca proceso extraordinario de consolidación de emprego para a selección e provisión de prazas de persoal estatutario das institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde da categoría de médico de admisión e documentación clínica.

Advertido erro no texto da dita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 105, do 3 de xuño de 2002, cómpre efectua-la oportuna corrección, sen altera-lo prazo de presentación de instancias:

Na páxina 8.007, na base sétima A), punto 7, onde di: «...e iniciarán por aqueles dos que o primeiro apelido comece pola letra T, de conformidade co establecido na resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 14 de febreiro de 2001, pola que se fai público o resultado do sorteo realizado o 13 de febreiro (DOG nº 39, do 23 de febreiro)....»; debe dicir: «...e comezarán aqueles dos que o primeiro

apelido comece pola letra S, de conformidade co establecido na resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 27 de febreiro de 2002, pola que se fai público o resultado do sorteo realizado o 26 de febreiro (DOG nº 47, do 6 de marzo)....».