Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 12 de xuño de 2002 Páx. 8.851

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2002 pola que se lle dá cumprimento ó acordo da Comisión de Goberno deste consello, do 22 de maio de 2002, polo que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Consello de Contas de Galicia.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante de axudante de auditoría no Consello de Contas de Galicia, publicada no Diario Oficial de Galicia, nº 80 do 25 de abril de 2002, segundo o establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, en uso das atribucións conferidas polo artigo 8 da Lei 6/1985, do 24 de xuño, e de conformidade co acordo da Comisión de Goberno do 22 de maio deste ano,

RESOLVO:

Primeiro.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ó/á funcionario/a que se expresa no anexo desta resolución, seleccionado/a conforme o establecido nas bases da convocatoria.

Segundo.-O cesamento no actual destino do/a funcionario/a producirase no prazo de tres días hábiles contados a partir do día seguinte ó da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

O prazo de toma de posesión da praza adxudicada comezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, e será de tres días se o destino anterior está en Santiago de Compostela ou dun mes se está en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo, conforme o establecido no artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

O cómputo do prazo posesorio inciarase cando rematen os permisos ou licencias que, se é o caso, estivese desfrutando o/a interesado/a.

Nos supostos de baixa temporal ou transitoria o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

Terceiro.-A toma de posesión realizada dentro do prazo referido, dilixenciarase e tramitarase conforme as disposicións que regulan a materia.

Cuarto.-Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o Pleno do Consello de Contas de Galicia no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, sen prexuízo de que os/as interesados/as poidan exercer, se é o caso, calquera outro que estimen procedente.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2002.

Luciano Fariña Busto

Conselleiro maior

ANEXO

NRP/DNI: 3525406135 A1135.

Grupo: C.

Apelidos e nome: de la Fuente Regueira, José María.

Posto de traballo: axudante de auditoría.

Nivel: 22.

Localidade: Santiago de Compostela.