Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 12 de xuño de 2002 Páx. 8.815

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2002, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de enxeñeiros técnicos industriais, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 5 de xuño de 2002, o tribunal designado pola Orde do 25 de abril de

2002 da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de enxeñeiros técnicos industriais, convocado pola Orde do 8 de outubro de 2001, acordou, de conformidade co disposto na base III.10 da convocatoria, que o primeiro exercicio da fase de oposición se realizará o día 18 de xullo de 2002, no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública, situada no Polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, en Santiago de Compostela, en chamamento único.

A realización do exercicio comezará ás 17 horas, abríndose as portas do lugar de acceso para a súa realización ás 16.30 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2002.

Ramón Ordás Badía

Presidente do tribunal