Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 12 de xuño de 2002 Páx. 8.816

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 27 de maio de 2002 pola que se declaran aptos na fase de prácticas os aspirantes que superaron os procedementos selectivos para acceso ó corpo de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional convocados por Orde do 15 de marzo de 2000 e por Orde do 8 de marzo de 2001.

Por Orde do 10 de setembro de 2001 (DOG do 18 de setembro) nomeáronse funcionarios en prácticas do corpo de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional os opositores que superaron os procedementos selectivos convocados por Orde do 15 de marzo do 2000 e por Orde do 8 de marzo de 2001.

Rematada a fase de prácticas e vistas as propostas efectuadas polas comisións avaliadoras.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Declarar apto na fase de prácticas e aprobado definitivamente nos procedementos selectivos convocados por Orde do 15 de marzo do 2000 a Agustín González Fernández, DNI 07874305, disciplina francés.

Segundo.-Declarar aptos na fase de prácticas e aprobados definitivamente nos procedementos selectivos convocados por Orde do 8 de marzo de 2001

os opositores relacionados nos anexos II e III da Orde do 10 de agosto de 2001 (DOG do 23 de agosto), modificada por corrección de erros publicada no DOG do 29 de novembro, agás os que estean exentos da realización e avaliación das prácticas.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria