Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 12 de xuño de 2002 Páx. 8.815

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2002, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala enxeñeiros técnicos agrícolas, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 5 de xuño de 2002, o tribunal designado pola Orde do 25 de abril de 2002 para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala enxeñeiros técnicos agrícolas, convocado pola Orde do 15 de outubro de 2001, acordou, de conformidade co disposto na base III.10 da convocatoria, que o primeiro exercicio da fase de oposición se realizará o día 13 de xullo de 2002, no Palacio de Congresos e Exposicións situado en San Lázaro en Santiago de Compostela, en chamamento único.

A realización do exercicio comezará ás 18 horas, debendo estar alí presentes os opositores ás 17 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2002.

Jesús Collar Urquijo

Presidente do tribunal