Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 12 de xuño de 2002 Páx. 8.815

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2002, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de biólogos, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 4 de xuño de 2002, o tribunal designado pola Orde do 25 de abril de 2002 para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de biólogos, convocado pola Orde do 8 de outubro de 2001 (DOG nº 199, do 15 de outubro), acordou, de conformidade co disposto na

base III.10 da convocatoria, que o primeiro exercicio da fase de oposición se realizará o día 13 de xullo de 2002 no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, sito en San Lázaro, Santiago de Compostela, en chamamento único.

A realización do exercicio comezará ás 10 horas e os opositores deberán estar alí presentes ás 9.30 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2002.

Ricardo Arnaiz Ibarrondo

Presidente do tribunal