Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 12 de xuño de 2002 Páx. 8.814

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no artigo 12 c) do Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo, de conformidade co establecido na Resolución do 1 de abril de 2002 (Diario Oficial de Galicia número 66, do 5 de abril).

Finalizado o prazo fixado pola resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 1 de abril de 2002 (DOG núm. 66, do 5 de abril), de presentación de solicitudes para a elaboración das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral nas relacións de postos de traballo, reguladas no artigo 12 c) do Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo, e á vista das

solicitudes presentadas para a categoría 063 (oficial 1ª conductor/a e outras) do grupo III e unha vez elaboradas pola Comisión Permanente de Selección para a cobertura de postos reservados a persoal laboral, na sesión do día 29 de maio de 2002, a Dirección Xeral da Función Pública

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral reguladas no artigo 12 c) do Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo, correspondente á categoría 063 (oficial 1ª conductor/a e outras) do grupo III. As listas están expostas da forma que a continuación se indica:

Anexo I. Figuran os solicitantes incluídos na lista, con indicación da puntuación provisional.

Anexo II. Figuran os solicitantes excluídos coa expresión da causa de exclusión.

Segundo.-Os citados anexos encóntranse expostos nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

-Servicio de Información e Atención ó Cidadán da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

-Delegacións provinciais da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

-Oficinas comarcais da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

-Delegación Territorial da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos en Vigo.

Terceiro.-Os interesados disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, para a emenda de erros e, se é o caso, formula-las oportunas alegacións; que serán dirixidas á correspondente Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral (Dirección Xeral da Función Pública, edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Unha vez transcorrido o prazo citado con anterioridade, se é o caso, levaranse a efecto as emendas procedentes, dándose de isto a oportuna publicidade.

Cuarto.-Os solicitantes que figuran admitidos no anexo I estarán obrigados, no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia das listas provisionais, a remitir á Dirección Xeral da Función Pública o xustificante do aboamento da taxa que a continuación se expresa:

Grupo III: 34,92 euros.

Estarán exentos do pagamento desta taxa as persoas con discapacidade igual ou superior ó 33%, con xustificación documental.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2002.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública