Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 12 de xuño de 2002 Páx. 8.814

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2002, do tribunal designado para xulga-las probas selectivas para o acceso ó corpo superior da Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de letrados, convocadas pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 28 de agosto de 2001, pola que se ordena a publicación da proposta de relación de aspirantes que superaron as devanditas probas selectivas.

Na sesión do tribunal designado para xulga-las anteditas probas selectivas, que tivo lugar o día 29 de maio, acordouse, de conformidade co disposto na base IV.1 da citada convocatoria, facer pública a relación de aspirantes que superaron o proceso

selectivo, por orde das puntuacións alcanzadas, con indicación do seu documento nacional de identidade.

Así mesmo, e tal e como esixe a xa mencionada base, acordouse que o tribunal lle envíe ó director xeral da Función Pública a aludida relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, con indicación da puntuación acadada en cada un dos exercicios, para os efectos de que os que figuren na dita proposta sexan nomeados funcionarios de carreira.

A orde de puntuación dos devanditos aspirantes establécese de acordo coa que resulte da suma das puntuacións obtidas na oposición, tal e como dispón a base II.3.7 da convocatoria, e é a que figura no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2002.

Javier Suárez García

Presidente do tribunal

ANEXO

Promoción interna:

NomeDNI1ª proba2ª proba3ª proba4ª proba5ª proba6ª probaTotal

Álvarez López, Javier3331335117,513Exento19202079,51

Acceso libre:

NomeDNI1ª proba2ª proba3ª proba4ª proba5ª proba6ª probaTotal

López Miño, Antonio Manuel32810517242,7Exento26261997,7

Abuín Flores, Carlos33332133262,51Exento22261894,51

Vilas Álvarez, David Segundo36129703183Exento18,7523,52689,25

Costas Núñez, Juan Ramón3279680319,52,8Exento17,512224,586,31

Nieto Tejerina, María Pilar3282246618,52,51Exenta17,51182076,52