Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 12 de xuño de 2002 Páx. 8.803

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo número 03/8657/2001, interposto por Ricardo Sánchez González e Luis Mª Pérez González.

Para os efectos de dar cumprimento ó solicitado polo presidente da Sección Terceira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo número 03/8657/2001, interposto por Ricardo Sánchez González e Luis Mª Pérez González, contra Decreto 240/2001 do 20 de setembro, que dispón a urxente ocupación de bens e dereitos afectados polo trazado da vía Morrazo, Rande-Cangas, treito I, clave PO-99/61.1.1.., esta secretaría resolveu ordena-la remisión do correspondente expediente ó Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, emprazándoas para que poidan comparecer como demandados nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2002.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral de Política Territorial,

Obras Públicas e Vivenda