Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 12 de xuño de 2002 Páx. 8.803

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo número 03/7407/2002, interposto por Manuel González Gayo.

Para os efectos de dar cumprimento ó solicitado polo presidente da Sección Terceira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recuso contencioso-administrativo número 03/7407/2002, interposto por Manuel González Gayo como presidente da Comunidade de Montes e Veciñais en man común da parroquia de San Martiño de Moaña, contra Decretos 240 e 241/2001 de 20-9 polo que se declara utilidade pública e urxente ocupación de bens e dereitos para proxecto trazado vía de alta capacidade do Morrazo (Rande-Cangas), treito II e I, claves PO-99/61.1.2., esta secretaría resolveu ordena-la remisión do correspondente expediente ó Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, emprazándoas para que podan comparecer como demandados nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2002.

P.D. (Orde de 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda