Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 12 de xuño de 2002 Páx. 8.803

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 29 de abril de 2002 pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas correspondentes ás accións do programa sectorial de Servicios ó Cidadán do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica e se procede á súa convocatoria para o ano 2002.

Advertido erro na devandita orde publicada no DOG nº 91, do 13 de maio de 2002, cómpre face-la seguinte corrección: na páxina 6.879 no parágrafo do punto 1, onde di: «o seu custo non poderá supera-lo 60% do custo total subvencionable do proxecto», debe dicir: «o seu custo non poderá supera-lo 60%, salvo casos debidamente xustificados, do custo total subvencionable do proxecto».

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA