Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 11 de xuño de 2002 Páx. 8.796

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CENTRO EUROPEO DE EMPRESAS E INNOVACIÓN DE GALICIA, S.A. (CEEI GALICIA, S.A.)

ANUNCIO de concurso público aberto para a contratación da consultoría e asistencia técnica para o desenvolvemento e elaboración de guías para a creación de empresas.

Mediante acordo do Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia, S.A. (CEEI Galicia, S.A.)

convócase concurso público aberto para a seguinte contratación:

Obxecto do contrato: o desenvolvemento e elaboración de guías para a creación de empresas, os seus correspondentes modelos informáticos de actualización e manuais de procedemento.

Orzamento máximo global para esta contratación: ata 94.000 euros (noventa e catro mil euros), incluído o imposto sobre o valor engadido (IVE).

Os pregos de bases e prescricións técnicas do concurso estarán á disposición dos interesados na sede de CEEI Galicia, S.A, no edificio Igape, 3ª planta, complexo administrativo de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, 15703 A Coruña. Teléfono: 981 54 68 23.

Prazo de presentación de ofertas: as proposicións para poder tomar parte no concurso presentaranse nas oficinas de CEEI Galicia, S.A. en Santiago de Compostela, dentro do prazo de quince días naturais a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o día de vencemento do prazo fose inhábil, o vencemento trasladarase ó seguinte día hábil.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2002.

Carlos Pérez de Vega

Apoderado do Centro Europeo de Empresas

e Innovación de Galicia, S.A.

XUNTA DE COMPENSACIÓN DO POL. G9.01 DO CONCELLO

DA CORUÑA