Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 11 de xuño de 2002 Páx. 8.795

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Servicios Comunitarios.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: concesión de bens de uso público municipal na Alameda, para a realización de dous mercados de artesanía.

b) Lugar de execución: Paseo da Alameda (Paseo dos Leóns) en Santiago de Compostela.

c) Prazo de execución: o 1º do 15 ó 30 de xuño e 2º do 1 ó 15 de setembro.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación ou canón de explotación.

Importe total: 3.005,06 A como mínimo, para a feira de xuño e de 3.005,06 A como mínimo para a feira de setembro, realizándose as ofertas á alza.

5. Garantías.

Provisional: 1.502,53 A.

6. Obtención de documentación e información.

Documentación: Copy Nova, rúa Nova de Abaixo, nº 12, local 4. Teléfono: 981 59 23 93. Santiago de Compostela.

Información: Concello de Santiago de Compostela (Contratación). Pr. Obradoiro, 1, 15705 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 23 75 e fax: 981 57 76 27.

Data límite de obtención de documentos e información: 8 días naturais contados a partir da derradeira publicación realizada no BOP da Coruña e no Diario Oficial de Galicia (DOG).

7. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 8 días naturais contados a partir da derradeira publicación realizada no BOP e no DOG.

b) Documentación que integrará as ofertas: a especificada na cláusula 12 do prego.

c) Lugar de presentación:

1º Entidade: Concello de Santiago de Compostela (rexistro xeral).

2º Domicilio: rúa da Trinidade, 1 (pavillón da Trinidade).

3º Localidade e código postal: 15705 Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Santiago de Compostela (secretaría).

b) Domicilio: praza do Obradoiro, 1.

c) Localidade: 15705 Santiago de Compostela.

d) Data: primeiro día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación de proposicións.

e) Hora: 12 horas.

9. Outras informacións: os criterios de adxudicación son os especificados na cláusula 13 do prego.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2002.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde

CENTRO EUROPEO DE EMPRESAS E INNOVACIÓN DE GALICIA, S.A.

(CEEI GALICIA, S.A.)