Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 11 de xuño de 2002 Páx. 8.795

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva da segunda modificación do plan parcial do parque empresarial do Campiño.

O Pleno da Corporación, en sesión do 2-2-2002, aprobou definitivamente o Proxecto de segunda modificación puntual do plan parcial do parque empresarial do Campiño, antigo solo A-3 do Plan xeral de ordenación urbana deste termo municipal, formulado por Xestión Urbanística de Pontevedra, S.A. e redactado polo arquitecto José Enrique Pérez-Ardá Criado, sendo visado pola Delegación en Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia de data 28-5-2001, sendo publicado o texto da normativa deste documento no BOP número 50, do 12-3-2002.

O que se fai público para a súa executividade, significándose que contra este acto, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer directamente aqueles que se consideran lexitimados o recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no plazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación do texto íntegro da disposición impugnada, consonte co establecido

nos artigos 10.1º.6 e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, regulamentadora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados estimen procedentes conforme a dereito, significándolle que o artigo 107.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, de modificación da anterior, non admite a interposición de recursos en vía administrativa contra as disposicións administrativas de carácter xeral.

Pontevedra, 10 de abril de 2002.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Alcalde acctal.

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral