Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 11 de xuño de 2002 Páx. 8.796

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XUNTA DE COMPENSACIÓN DO POL. G9.01 DO CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

A Xunta de Compensación do polígono G9.01 rúa San Vicente, na asemblea xeral celebrada o día 2 de maio de 2002, resolveu aprobar inicialmente o proxecto de compensación do citado polígono, o que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que, de acordo co previsto nos artigos 133.8º e 102 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, á vista do expediente, poidan formula-las alegacións que consideren pertinentes, durante o prazo de vinte días contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse no Servicio de Urbanismo do Concello da Coruña ou na sede da xunta de compensación (sita na avda. Alfonso Molina, 5, baixo) no horario laboral de 12 a 14 horas, de luns a venres.

A Coruña, 10 de maio de 2002.

César Pérez Maldonado

Secretario da xunta de compensación