Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 11 de xuño de 2002 Páx. 8.793

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA GUARDA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión ordinaria do 30 de maio de 2002, acordou aprobar definitivamente a modificación puntual nº 2 do Plan Xeral de Ordenación Urbana deste municipio da Guarda, redactado por Guillén, Mateos e Llópiz, Arquitectos, S.L.

O que se fai público para xeral coñecemento, de conformidade co establecido no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, significando que contra o citado acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, potestativamente, recurso de reposición ante o Pleno da Corporación Municipal, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación do último dos anuncios no Diario Oficial de Galicia ou BOP. Contra a resolución do recurso potestativo de reposición poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra ou Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, se é o caso, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte á notificación da resolución expresa, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo será de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza a desestimación por silencio administrativo.

Así mesmo, poderase interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo citado, sen necesidade de interpoñe-lo recurso potestativo de reposición; sen prexuízo de que se poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que se estime procedente.

A Guarda, 3 de xuño de 2002.

José Luis Alonso Riego

Alcalde