Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 11 de xuño de 2002 Páx. 8.793

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOBORÁS

EDICTO do 3 de maio de 2002 polo que se modifica o acordo de adopción de escudo heráldico e bandeira do Concello de Boborás.

Co fin de adapta-lo trámite de adopción de escudo heráldico e bandeira do Concello de Boborás ó disposto no Decreto 369/1998, publicado no DOG nº 3, do 7 de xaneiro de 1999, onde se regula a composición e competencia da Comisión de Heráldica, encargada de ultima-los detalles de escudos e bandeiras da Comunidade Autonómica de Galicia, a Corporación Municipal de Boborás, en sesión ordinaria do Pleno, celebrada ó 15 de febreiro de 1999, á que asistiron 8 dos 11 membros que a compoñen, por maioría dos asistentes, acordou:

Primeiro.-Deixar sen efecto o escudo heráldico e bandeira do Concello de Boborás, aprobado e tramitado, segundo acordo do Pleno do 29 de abril de 1993, e publicado no DOG nº 219, do 14 de novembro de 1994.

Segundo.-Modifica-lo referido acordo no sentido de que o escudo heráldico e bandeira do Concello de Boborás leve os símbolos dun xovenco, as dúas follas de vide e unha cruz, segundo o deseño presentado coas características seguintes:

-Partido de sinople (verde) e ouro (amarelo), cunha cabeza de tenreira, ou xovenco, surmontada dunha cruz acompañada de dúas follas de vide, dun noutro.

O timbre coroa real, pechada (para o brasonamento).

O expediente sométese a información pública polo prazo dun mes, para exame e reclamacións.

Boborás, 3 de maio de 2002.

O alcalde-presidente

Rubricado