Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 11 de xuño de 2002 Páx. 8.792

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica o requirimento de pagamento ó debedor que se relaciona, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), notifícaselle ó interesado cos datos e domicilio que a continuación se relaciona, o requirimento de pagamento dos recibos pendentes e que ascende á cantidade que se sinala. Faise constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten non pagados, e que lle serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas derivadas do contrato subscrito por vostede coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e no artigo 142 do Regulamento

de VPO, aprobado por Decreto 2114/1968, do 24 de xullo (BOE do 7 de setembro), concédeselle un prazo de dez días hábiles para que se poña ó día das súas obrigas, ou compareza na delegación provincial en trámite de audiencia, para os efectos de presenta-los documentos e xustificacións que coide convenientes ó seu dereito.

Advírteselle que en caso contrario se procederá a insta-la resolución do seu contrato e á incoación do oportuno expediente de desafiuzamento co conseguinte lanzamento da vivenda, co obxecto de adxudicala posteriormente a un novo beneficiario.

Ourense, 14 de maio de 2002.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

José González Vázquez.

Expediente: OU-1-IV/76.

Conta nº 1.

Enderezo: Vasco da Ponte, nº 5, 1º esquerda.

Importe da débeda: 868,82 euros.