Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 11 de xuño de 2002 Páx. 8.792

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 27 de marzo de 2002, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo á iniciación do procedemento de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Comunal de Couto, a favor dos veciños de Alén, O Areal, Carruceiro, O Cirrio, A Cuqueira, A Garduñeira, Ponte do Val, Sistís, O Souto do Río e O Val (parroquia de Arrabaldo-Santa Cruz), no concello de Ourense.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou, en sesión celebrada en data 26 de setembro de 2001, inicia-lo expediente de clasificación como veciñal en man común a favor dos veciños de Alén, O Areal, Carruceiro, O Cirrio, A Cuqueira, A Garduñeira, Ponte do Val, Sistís, O Souto do Río e O Val (parroquia de Arrabaldo-Santa Cruz), do monte denominado Comunal de Couto, no concello de Ourense e coas características que de seguido se relacionan, nomeándose instructores do expediente a Miguel Ángel González Trigás e Miriam Areal López.

Publícase de acordo co establecido no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, (DOG nº 186, do 23 de setembro), polo que se aproba o regu

lamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Concello: Ourense.

Denominación do monte: Comunal de Coto do Couto.

Comunidade propietaria: veciños dos lugares de Alén, O Areal, Carruceiro, O Cirrio, A Cuqueira, A Garduñeira, Ponte do Val, Sistís, O Souto do Río e O Val (parroquia de Arrabaldo-Santa Cruz).

Superficie: 21 ha 12 a, aproximadamente.

Estremas.

Norte: propiedade particular de Isaac Conde.

Sur: regato de Pedraza, e vía férrea.

Leste: propiedades particulares: herdeiros Sacundino Sotelo, herdeiros Manuel Rodríguez, herdeiros Vicente Fernández, Manuel Sotelo e Isaac Conde.

Oeste: vía férrea, propiedades particulares: herdeiros de Emilio Muñoz, Manuel Novoa, Cándido Pérez; Carballeira, herdeiros de Amador Fernández, Manuel Novoa e Abran Gil.

Iníciase a apertura do período dun mes para a práctica de alegacións a partir do día seguinte da publicación do edicto no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 27 de marzo de 2002.

Miriam Areal López

Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Ourense