Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 11 de xuño de 2002 Páx. 8.791

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 27 de marzo de 2002, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo á iniciación do procedemento de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Tropel, a favor dos veciños de Saravedra, no concello de Esgos.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou, en sesión celebrada en data 26 de setembro de 2001, inicia-lo expediente de clasificación como veciñal en man común a favor dos veciños de Saravedra, do monte denominado Tropel, no concello de Esgos (Ourense) e coas características que a seguir se relacionan, nomeándose instructores do expediente a Miguel Ángel González Trigás e Miriam Areal López.

Publícase de acordo co establecido no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, (DOG nº 186, do 23 de setembro), polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Concello: Esgos (Ourense).

Denominación do monte: Tropel.

Comunidade propietaria: Saravedra.

Superficie: 638.385 m, aproximadamente.

Estremas.

Norte: monte Tropel pertencente á comunidade veciñal de Vilar de Cerreda dos lugares de Cerreda, Loureiro e Parada (parroquia de Cerreda-concello de Nogueira de Ramuín).

Sur: monte Serra de Pardeconde, pertencente ós veciños do lugar de Pardeconde (parroquia de Pensos).

Leste: monte Costa da Sela, pertencente á comunidade veciñal de Loña do Monte, dos lugares de Requeixo, Vilouriz, Souto e Fondodevila (parroquia de Loña do Monte, concello de Nogueira de Ramuín).

Oeste: leiras de Cándido Fernández, Antonio Iglesias Touza, Juan Rodríguez, Juan Antonio Iglesias Iglesias, herdeiros de Benito Álvarez Touza e Gerardo Fernández.

Iníciase a apertura do período dun mes para a práctica de alegacións a partir do día seguinte da publicación do edicto no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 27 de marzo de 2002.

Miriam Areal López

Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Ourense