Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 11 de xuño de 2002 Páx. 8.790

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 27 de marzo de 2002, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo á iniciación do procedemento de clasificación como veciñal en man común do monte denominado A Cidade, Lavarqueira, Outeiro da Paixón, As Barxas e Portal do Monte, a favor dos veciños de Morgade, no concello de Xinzo de Limia.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou, en sesión realizada en data do 26 de setembro de 2001, inicia-lo expediente de clasificación como veciñal en man común a favor dos veciños de Morgade, do monte denominado A Cidade, Lavarqueira, Outeiro da Paixón, As Barxas e Portal do Monte, no concello de Xinzo de Limia (Ourense) e coas características

que a seguir se relacionan, nomeándose instructores do expediente a Manuel Bouzas Costa e Miriam Areal López

Publícase de acordo co establecido no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, (DOG nº 186, do 23 de setembro), polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Concello: Xinzo de Limia (Ourense).

Denominación do monte: A Cidade, Lavarqueira, Outeiro da Paixón, As Barxas e Portal do Monte.

Comunidade propietaria: veciños de Morgade.

Superficie total: 19 ha 87 a, en conxunto aproximadamente.

Monte A Cidade:

Superficie 12 ha 20 a, aproximadamente.

Lindeiros:

Norte: pista asfaltada de concentración e José Gil.

Sur: camiño veciñal.

Leste: monte dos veciños da Pena, Manuel García Ferrón, José Quintas Boquete e outras propiedade particulares da Pena.

Oeste: Vicente Sotelo Díaz, José González Ramos, Rosa Bolaño Enríquez, José Vázquez Ramos, herdeiros de Antonio Cid Suárez, Josefa Fernández Cid, herdeiros de Manuel Díaz Ramos e outras propiedades particulares de Morgade.

Monte Lavarqueira:

Superficie 2 ha 87 a, aproximadamente.

Lindeiros:

Norte: camiño veciñal.

Sur: herdeiros de Josefa Enríquez.

Leste: herdeiros de Josefa Enríquez Blanco.

Oeste: herdeiros de Ángel Suárez.

Monte Outeiro da Paixón:

Superficie 2 ha 40 a, aproximadamente.

Lindeiros:

Norte: José Rodríguez Rivera, Cándido Losada Vázquez, estrada provincial de Xinzo de Limia a Vilar de Barrio.

Sur: José Sotelo Enríquez, herdeiros de Francisco Ramos Blanco.

Leste: herdeiros de Rosendo Ramos, Antonio Rodríguez Díaz, José Rodríguez Rivera.

Oeste: herdeiros de María Moure Blanco, José González Ramos, Antonio Cid Suárez, Agustín Enríquez Conde, Dolores González Fernández.

Monte Portal do Monte:

Superficie: 1 ha, aproximadamente.

Lindeiros:

Norte: Francisco Cid González, Miguel Villar Fariñas.

Sur: herdeiros de Germán Joga.

Leste: Joaquín Gómez Blanco.

Oeste: José García Rodríguez, José Ramos Bolaño.

Monte: As Barxas:

Supercie: 1 ha 40 a, aproximadamente.

Lindeiros:

Norte: autovía das Rías Baixas.

Sur: herdeiros de Eladio Ramos.

Leste: herdeiros de Generosa Stelo, José Sotelo Enríquez.

Oeste: Antonio Enríquez Rodríguez, Manuel Villar Pozos, José González Ramos e outras propiedades particulares de Boado.

Iníciase a apertura do período dun mes para a práctica de alegacións a partir do día seguinte da publicación do edicto no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 27 de marzo de 2002.

Miriam Areal López

Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Ourense