Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 11 de xuño de 2002 Páx. 8.790

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 27 de marzo de 2002, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo á iniciación do procedemento de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Chaira, Campo de Arriba, A Boutureira e Os Conchouros, a favor dos veciños de Sadurnín, no concello de Cenlle.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou, en sesión celebrada en data 26 de setembro de 2001, inicia-lo expediente de clasificación como veciñal en man común a favor dos veciños de Sadurnín, do monte denominado Chaira, Campo de Arriba, A Boutureira e Os Conchouros, no concello de Cenlle e coas características que de seguido se relacionan, nomeándose instructores do expediente a José Ramón Goyanes Flores e Miriam Areal López.

Publícase de acordo co establecido no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, (DOG nº 186, do 23 de setembro), polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Concello: Cenlle (Ourense).

Denominación do monte: Chaira, Campo de Arriba, A Boutureira e Os Conchouros.

Comunidade propietaria: lugar de Sadurnín, parroquia de San Xoán de Sadurnín.

Superficie: 24 ha 14 a, en conxunto, aproximadamente.

Monte Chaira:

Superficie: 10 ha 92 a, aproximadamente.

Lindeiros.

Norte: estrada de A Pena, José Bóveda Bóveda, María Vila Fernández.

Sur: José Benito García Montero, Manuel Feijó Mariño.

Leste: José Bóveda Bóveda, José Benito García Montero, Delfín García Vázquez.

Oeste: camiño público, María Paz Diéguez García, Juan Bóveda Bóveda, Celsa García Casares.

Monte Campo de Arriba:

Superficie: 1 ha 69 a, aproximadamente.

Lindeiros:

Norte: estrada da Pena.

Sur: Juán Bóveda Bóveda, Manuel Feijó Mariño, Eliseo Pérez Fernández, José Bóveda Bóveda.

Leste: Manuel Feijó Mariño, José Bóveda Bóveda.

Oeste: Manuel Rodríguez Varela.

Monte A Boutureira:

Superficie: 7 ha 36 a, aproximadamente.

Lindeiros:

Norte: Carmen Fernández Durán, María Vila Fernández, Fidel Fernández González.

Sur: José García Alvés, José Rodríguez Soto, Manuel Rivera Vila, Jaime Soto Durán.

Leste: Destro da parroquia de Trasariz, Carmen Fernández Durán, María Paz Diéguez García.

Oeste: Destro da Parroquia de Sadurnín, José Bóveda Bóveda, Eliseo Pérez Fernández, Luisa Pérez Lage.

Monte Os Conchouros:

Superficie: 4 ha 17 a, aproximadamente.

Lindeiros:

Norte: Nieves Bóveda Bóveda, Julio González Pagón.

Sur: Modesto Bello Casares, Jaime Soto Durán, Julia García Montero, Delfín García Vázquez.

Leste: Eloy Pérez Villanueva, Manuel Carnero Pagón, Antonio Pérez González.

Oeste: Eloy Pérez Villanueva, María Vila Fernández, Manuel Veloso Covelo.

Iníciase a apertura do período dun mes para a práctica de alegacións a partir do día seguinte da publicación do edicto no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 27 de marzo de 2002.

Miriam Areal López

Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Ourense