Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 11 de xuño de 2002 Páx. 8.793

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

O Concello Pleno, na súa sesión ordinaria do 28 de maio de 2002, aprobou inicialmente o expediente de modificacións puntuais do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) nº 6, redactado polo arquitecto municipal Javier Bugallo Thielen.

De conformidade co disposto no artigo 42.1º da Lei do solo de Galicia 1/1997, do 24 de marzo, exponse o público polo dun mes inseríndose anuncio no DOG, para que durante este poida ser examinado o expediente, e presentaren, se é o caso, as alegacións ou reclamacións a este procedentes.

Lalín, 30 de maio de 2002.

Xosé Crespo Iglesias

Alcalde-presidente