Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 11 de xuño de 2002 Páx. 8.784

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/46-2, 5832 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reforma da L.M.T. A Meira 2º tramo (Arneiro-Muimenta).

Situación: Cospeito-Abadín.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con 3,016 km de lonxitude conductor tipo LA-110 con orixe en L.M.T. A Meira en Arneiro e final en P 22 da L.M.T. Muimenta-Arneiro.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 17 de abril de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo