Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 11 de xuño de 2002 Páx. 8.784

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/47-2, 5833 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: cidade de Viveiro, 4, 27004 Lugo.

Denominación: reelectrificación de San Pedro.

Situación: Viveiro.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con 722 m de lonxitude conductor tipo LA-56 con orixe en L.M.T. existente a C.T.I. existente de Cora e final en C.T.I. de Pedrouzos. C.T. de 400 kVA de potencia

e relación de transformación 20.000/380-220 V. C.T.I. de 50 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V. R.B.T. subterránea de 100 m de lonxitude e conductor tipo R.V. R.B.T. aérea de 4.880 m de lonxitude e conductor tipo R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 17 de abril de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo