Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 11 de xuño de 2002 Páx. 8.783

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO de 3 de xuño de 2002, da Delegación Territorial da Coruña, polo que se relacionan aperturas de expedientes sancionadores pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (José Luis Gómez Sánchez e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse aperturas de expedientes sancionadores pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Inspección da delegación territorial da Consellería de Economía e Facenda da Coruña, en aplicación dos artigos 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na praza de Pontevedra, nº 22, na Coruña, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 3 de xuño de 2002.

José Luis Veiga Castiblánquez

Delegado territorial da Coruña

ANEXO

InteresadoProcedemento

José Luis Gómez Sánchez

DNI 32392906

Rúa Antonio Cantalejo, 8-5º D

Madrid

Inicio e proposta de sanción inspección sucesións ano 1996

Juan Castro Tajes

DNI 32369751

Rúa Montserrat, 10-5º E

A Coruña

Inicio e proposta de sanción inspección patrimonio anos 1995, 1996, 1997, 1998

Engracia Castro Tajes

DNI 32369750

Rúa Montserrat, 10-5º E

A Coruña

Inicio e proposta de sanción inspección patrimonio anos 1995, 1996, 1997, 1998