Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 11 de xuño de 2002 Páx. 8.780

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (896/2001).

Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos nº 896/2001 seguidos por instancia de Ana María Fero Sánchez contra Grupo MV Recambios, S.L. e outras sobre salarios, a maxistrada xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parese, dictou sentencia, con data do 3-5-2002, coa seguinte parte dispositiva:

«Que, estimando a demanda interposta por Ana María Fero Sánchez, debo declarar e declaro o dereito da demandante a percibi-la cantidade de 4.129,04 euros (687.019 ptas.) polos conceptos que se expresan no feito probado segundo esta resolución, e neste sentido debo condenar e condeno a empresa Grupo MV Recambios, S.L. a que, estando e pasando por tal declaración, lle faga o pagamento á demandante da cantidade de 4.129,04 euros (687.019 ptas.) polo concepto de salarios.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que se fará saber que, contra a dita resolución non cabe o recurso de suplicación que deberá anunciarse perante este xulgado no prazo de cinco días, contados desde a notificación desta sentencia, por comparecencia, ou por escrito das partes, o se avogado

ou represente legal, designando o letrado que deberá interpoñelo, de ser posible o anuncio por mera manifestación daquela ó ser notificada, e que será resuelto se é o caso, e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá, así mesmo acreditar, ó anuncia-lo recurso, ter consignando o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, podendo substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, constando a responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta e en calidade de depósito, nun impreso separado ó do importe da condena.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Grupo MV Recambios, S.L., que tivo o seu último enderezo coñecido en avda. Finisterre, s/n, esquina estrada de Bens, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 3 de maio do 2002.

O secretario xudicial

Rubricado