Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 11 de xuño de 2002 Páx. 8.780

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (926/2001).

Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos nº 926/2001 seguidos por instancia de María Victoria Vázquez Ares contra Cablogis, S.L. sobre salarios, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, con data do 3-5-2002, coa seguinte parte dispositiva:

«Que, estimando a demanda interposta por María Victoria Vázquez Ares, debo declarar e declaro o dereito do demandante a percibi-la cantidade de 1.362,57 euros (226.712 ptas.) polos conceptos que se expresan no feito probado segundo esta resolución, e neste sentido debo condenar e condeno a empresa Cablogis, S.L. a que, estando e pasando por tal declaración, lle faga o pagamento ó demandante da cantidade de 1.362,57 euros (226.712 ptas.) polos conceptos de salarios e liquidación. E debe absolver e absolvo ó Fogasa sen prexuízo da responsabilidade legal prevista no artigo 33 do ET.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que se fará saber que, contra a dita resolución non cabe o recurso de suplicación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Cablogis, S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido na estrada de Baños de Arteixo, km 4100, nave 7, Meicende, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 3 de maio do 2002.

O secretario xudicial

Rubricado