Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 10 de xuño de 2002 Páx. 8.761

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2002 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: é o deseño, producción, realización e montaxe do espectáculo nocturno das festas patronais 2002 da cidade de Santiago de Compostela que se representará na praza do Obradoiro a noite do día 24 de xullo e o 31 de xullo na escalinata do campus sur (alameda). A representación do día 24 primará os efectos lumínicos e incluirá a queima da fachada gótica.

Tipo de licitación: 165.278,33 euros IVE incluído.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Santiago de Compostela, dentro do prazo de 8 días naturais que comezará a contarse e entenderase aberto desde o día seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Documentación: información e documentación: Concello de Santiago de Compostela. (Departamento de Contratación). Teléfono: 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no prego de condicións.

Garantías: provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Clasificación: non se esixe.

Apertura de plicas: terá lugar en acto pública na casa do concello (secretaría) ás 12 horas, o seguinte día hábil, non sábado, á finalización do prazo de presentación de proposicións.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2002.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde