Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 10 de xuño de 2002 Páx. 8.760

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2002 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: explotación da prestación do servicio municipal de axuda no fogar que se prestará a persoas que atravesan circunstancias especiais, tales como limitación da súa autonomía persoal ou desintegración familiar.

Tipo de licitación: establécese un tipo de licitación de 10,82 euros/hora IVE incluído.

Prazo de execución: o prazo de execución do contrato será dun ano, que se contará a partir do día da formalización. Este prazo poderá prorrogarse ata un máximo de catro anos.

Clasificación do contratista:

Non se esixe.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Santiago de Compostela, en horas de 9 ás 14, dentro do prazo de 15 días naturais, contados desde o día seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Documentación: información e documentación: Concello de Santiago de Compostela. (Departamento de Contratación). Teléfono: 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no epígrafe Criterios de adxudicación do prego de cláusulas administrativas particulares.

Garantías: provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (secretaría) ás 12 horas, o segundo día hábil seguinte, non sábado, á finalización do prazo de presentación de proposicións.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2002.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde