Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 10 de xuño de 2002 Páx. 8.759

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PALAS DE REI

ANUNCIO.

Aprobado o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán a contratación da obra de reforma e ampliación da gardería infantil de Palas de Rei e para os efectos previstos no artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, exponse ó público polo prazo de oito días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no BOP para que poidan presentarse reclamacións.

Simultaneamente convócase o correspondente concurso por procedemento aberto e tramitación urxente se ben a licitación se aprazaría no caso de que se formulasen reclamacións contra o citado prego ata a súa resolución pola corporación.

Concurso.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Palas de Rei (Lugo).

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: obras de reforma e ampliación da gardería infantil.

b) Lugar de execución: grupo escolar. Palas de Rei (Lugo).

c) Prazo de execución: fixado polos licitadores, sen que exceda do 31 de xaneiro de 2003.

d) Duración do contrato: dúas anualidades.

3. Tramitaión, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: importe total: 121.621 euros que se van distribuír en dúas anualidades:

Ano 2002: 72.120 euros.

Ano 2003: 49.501 euros.

5. Garantías.

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

-Entidade: Concello de Palas de Rei.

-Domicilio: avda. Compostela, 28.

-Localidade e código postal: Palas de Rei, 27200.

-Teléfono: 982 38 00 01.

-Telefax: 982 37 40 15.

-Data límite de obtención de documentos e información: ata o día anterior ó da finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: os especificados no prego de cláusulas económico administrativas particulares e técnicas.

8. Presentación das ofertas.

-Data límite de presentación: trece (13) días naturais a partir do seguinte ó anuncio da última publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP. Se o último día fose sábado ou festivo rematará o primeiro día hábil seguinte.

-Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares.

-Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Palas de Rei, rexistro xeral.

2ª Domicilio: avda. Compostela, 28.

3ª Localidade e código postal: Palas de Rei, 27200 Lugo.

9. Admisión de variantes: non.

10. Apertura das ofertas.

Entidade: Concello de Palas de Rei.

Domicilio: avda. Compostela, 28.

Localidade: Palas de Rei, Lugo.

Data: o primeiro día hábil desde a finalización do prazo de presentación de proposicións.

Hora: doce (12) horas.

10. Outras informacións: as especificadas no prego de cláusulas económico-admistrativas particulares e técnicas.

11. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.

Admítense as ofertas presentadas por correo con cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 80 do regulamento da Lei de contratos das administración públicas.

Palas de Rei, 15 de maio de 2002.

O alcalde

Rubricado