Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 10 de xuño de 2002 Páx. 8.754

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (MPG 11/2002).

O pleno do concello, en sesión realizada o 13 de maio de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal na rúa Pedralonga, número 1 ó 13, promovida por José Antonio Rey Budiño.

Segundo.-Ordena-la publicación deste acordo na forma legalmente prevista.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse no Servicio de Urbanismo, sito na rúa do Parque, sen número, en horario laboral de 12 a 14 horas, de luns a venres.

Os gastos desta publicación serán aboados polo promotor da modificación.

A Coruña, 22 de maio de 2002.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo