Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 10 de xuño de 2002 Páx. 8.754

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FOZ

ANUNCIO.

Faise público que o concello pleno, na súa sesión de data 24-5-2002, aprobou inicialmente o convenio urbanístico presentado por Construcciones Os Molineros, S.L. verbo de predios situados no paseo de Colón e que polo alcalde presidente por Decreto 31-5-2002 foi aprobado inicialmente o estudio de detalle de alineacións da parcela comprendida entre o paseo Colón e a rúa Emilio Pardo Bazán redactado polo arquitecto J.L. Eimil Trasancos e presentado por Construcciones Os Molineros, S.L.

De conformidade co acordado polo concello pleno na devandita sesión e de conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, sométense ó trámite de información pública por prazo dun mes, contado a partir da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, os meritados convenio urbanístico e estudio de detalle.

Foz, 31 de maio de 2002.

José María García Rivera

Alcalde