Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 10 de xuño de 2002 Páx. 8.754

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (PES 4/2000).

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión realizada o 5 de abril de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente a modificación do Plan de etapas que se recolle no Plan Especial de Protección e Recuperación do Castro de Elviña e Protección da Paisaxe Natural.

Segundo.-Someter a información pública polo prazo dun mes o expediente que recolla a modificación do Plan de etapas, contado desde o día seguinte hábil ó da aprobación inicial da modificación.

O que se publica para xeral coñecemento e efectos previstos neste acordo. O expediente pode consultarse no Servicio Municipal de Urbanismo, sito na rúa Parque, sen número, desta cidade, en horario laboral de 12 a 13 horas, de luns a venres.

A Coruña, 26 de abril de 2002.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo